lunes, 20 de julio de 2020

A liga do Covid.

Queiramos ou non esta Liga está marcada polo Covid, para ben ou para mal ten un asterisco moi grande como o terá esta Champions ou como o tivo a Liga Acb, pero vamos a falar un pouco do tema.


Non pensamos nen moito menos en pleno confinamento que se puidese xogar, pero dende logo o tema económico foi primordial para darlle para adiante como a moitas cousas na vida normal, a economía ten que avanzar. Outro tema importante pensamos que foi o político tamén, si o fútbol está en xogo hai menos tempo para pensar en política e a xente necesitaba o opio, foi un factor fundamental para darlle para adiante e máis si entra un Real Madrid en competición que xa todos teñen de que falar, extendendo O Relato.

Vamos ao lío, neste blog pensamos que de non ser polo Covid dificilmente o Real Madrid gañaría a Liga, pero claro iso xa nunca se saberá. Foi un factor chave xa que logo de gañarlle ao Barça vai e pifiamola co Betis, pero por sorte para Zizou chegou o desgraciado Covid. Por certo, un apunte persoal, si paramos o país o día do Madrid-Barça e non se xoga creo que teríamos menos mortos e o país en mellor situación económica pero iso da para outro debate. Pois o Covid parou a Liga no mellor momento para o Madrid. E vamos cos factores chave.

Algún explicaos esttoper aquí, pero no blog vamos con outros.

Un moi importante para o Real Madrid foi xogar sen público, os siareiros do Madrid no Bernabéu son unha rémora para os xogadores, así de claro, o Di Stéfano sen xente foi unha bendición. Da mesma maneira xogar con estadios baleiros a domicilio foi bo tamén para o Madrid, menos presión ambiental sobre os colexiados que tamén son persoas, non compredes as teorías conspiranoicas da xente ide as tranquilas e normais. Porque a brincadeira do Barça foi porque os colexiados acertaron non vos confundades e tamén porque non os beneficiaron que mal acostumados están, para máis datos pasarse polos sitios que contamos aquí.  Ollo que o Madrid debe presentarse a guerra mediática en contra dos arbitraxes xustos senón estamos mortos, pero iso outro día tamén, o que levamos pedindo tanto tempo. Aquí datiños  dos míticos que non veredes na prensa.

Outro factor chave foi o Valverde por Setién, que igual vai e gaña a Champions esta peculiar como a Liga, pero vaia que dirán os que falaban de si este equipo o colle Setién e tal. Recordoume ao troco do Madrid de Antic por Leo, desastre final e Liga out, pois iso e o xogo polo que din non mellorou moito.

E por suposto, volvemos coma motos e para xogalo todo nun mes, algo que lle encanta aos Churu boys e así nos levamos a Liga. Un dez de dez mentras fixo falla moi importante, estiveron super serios.

Vou bo de criticar a Zizou, pero o tío ten algo coma Laso, aquí criticamos para que eles gañen e seguiremos co fouciño esperando. Sen medios levouse a Liga, incrible, pero os rivais fixeron moito pola labor..

Apoio a Flo en que non hai que gastar un peso, polo tanto hai que traer cedidos de volta, Ody e Ceballos creo que son os únicos medios que temos polo mundo, un hai que traer polo menos. Senón tirar de Fidalgo para ter un cupo e que sexa un suplentiño. E a ver si recuperamos a Hazard e Asensio, moito gol que non aproveitamos por unha ou outra razón este ano. Colocar a Bale e James sería bo tamén, pospoño a miña teima con Lucas.

Moi ben polo madridismo que non pintou a mona celebrando o título, que foi para todos que o pasaron, pasan ou pasarán mal, queda moito que sufrir co Covid.

Un saúdo e forza ante o Covid, que non estamos moi escritores.

Anteriormente, observade como lle pego a ZZ:

O Relato.

Regreso ao pasado.

Zidane Capello Lippi.

Arabic Supercup.

A non revolución.

Search :

Co Levante.

Pinchazo inesperado.

A Realidade.




No hay comentarios:

Publicar un comentario