jueves, 27 de febrero de 2020

Regreso ao pasado.

Dende o día da Real Sociedade a caída é tremenda e xa se vía vir dende o sábado que o equipo se estaba a marcar de novo un Solari, perdelo todo nunha semana. Pero bueno estaba claro que non temos equipo para competir en Champions por iso era primordial non tirar a Liga e a Copa e vai e tirámolas, eso vai no debe de ZZ.

Voltou o Benzema de sempre, a tempada de Carvajal é lamentable e agora o furado que tiñamos na esquerda pasámolo a dereita. E nos coma sempre de resucitadores, o City no seu peor momento en anos resucitámolo, o Barça oa borde do abismo resucitámolo e claro xa sabemos o que pasa cando Messi ulisquea o noso sangue, non vou dicir máis , xa estou vendo ao danés celebrando o cuarto no Bernabéu bicando o escudo.

Como sempre digo a Champions perdese por pequenos detalles e por iso é tan difícil gañala. Cando mellor xogaba o City vai e marcamos e despois desaparecemos do mapa non supemos xestionar. De feito Tibú levaba unhas cuantas paradas boas. Ainda que aquí pensamos que se debeu a que Casemiro e Fede morreron, dende o primeiro día dixemos que se non daba para fichar un goleador crack polo menos había que fichar a un ou dous medios e mira que os había vos no mercado. E claro xogando todo tiña que pasar que desfondaran, non dan para máis.  Pero bueno un servidor xa non contaba con que Zizou chegara a decembro, a iso axudou o mal que está o Barça senon onde ía el, caeuselle o capelismo nun momento. O principio de Peter e a non revolución vanse levar a Zizou por diante.

A nosa cacholiña non da para máis , marchamos do partido a primeira na frente, o estado no que estamos é ise fai tempo. Por exemplo Ramos está máis preocupado por atacar que por defender fai tempo xa, un problema para nos. A falta de gol e que o mister non intentase poñer en dinámica nin a Mariano, nin a Jovic  e que non conte con Rodrygo que é o terceiro goleador do equipo, pois tamén extrana. E nin temos, nin non temos a Bale e James en plantel, Brahim tamén sen oportunidades e dámosllas a Peter Vázquez.

Non é raro xa que non fomos quen de aguantar o resultado contra o Celta fai unha semana xogándonos a Liga, un equipo que está pelexando polo descenso, non damos para máis. Tamén dimitiu o banco igual co día do Celta, de miragre poñémonos por diante e vai e tiramos con todo, incrible. Queremos gañar a Champions arriba con Karim, Vini e Isco ?

Kroos non estaba para xogar ? Militao non podía entrar por un lamentable Carvi ? Había que tomar decisións e o mister non o fixo. O equipo rematou en Kiev e ninguén quixo tomar a decisión, o ano pasado Solari voltou a poñerllo a .... e ninguén quixo tomar a decisión, e ata que o fagan seguiremos igual. Porque non quixemos pagar por CR , pero si seguimos a facelo con Bale ou Ramos que medio chantaxean ao clube o incluso a James. Non íamos a cambiar cousas ?

P.d. : Si o gol de G. Jesus non é falta , a expulsión de Ramos tampouco penso.

Anteriormente :

Capello Lippi.

Anteriormente RTM :

Co Levante tamén.
















No hay comentarios:

Publicar un comentario