martes, 14 de enero de 2020

Arabic Supercup.


Pois sen querer e sen propoñer parece que o Real Madrid gañou outra copiña, non é un servidor de darlle importancia as Supercopas peor ao final o cabreo dos antis está conseguindo que lle colleramos gustiño a esta competición da galleta. Por certo igualada a títulos esta tempada entre Atleti e Madrid, eles a goleada da pretempada e nos a Supercopa.

Sigo sen telo claro co Madrid pero algo si que temos de momento , solidez en boa parte gracias a melloría de Tibú, a entrada de Mendy no equipo e a Fede. Sigo opinando que necesitamos un medio box to box ( Bruno Fernandes era o home penso )  ou polo estilo como o comer, darlle descanso a Case e Fede sería chave. A outra gran cousa que necesitamos é gol pero iso non é tan fácil de acadar. Tamén necesitamos competencia para Carvajal, pero a ver Achaf para o ano, aínda que o hispano-marroquí en Alemaña non xoga xusto de lateral ao uso como sería aquí.

Xa fixo Zizou máis do que esperaba, non o podo negar, tan crítico como son sempre con Zizou ao igual que con Laso  ( que gaña unha e outra vez ou case  ) e sempre acaban sorprendendo a un servidor, que siga así por favor. Non pensaba que chegara a Nadal. Ou en agosto cando non tiñamos ilusión e observamos  todo o que sucedeu en verán . Pero tampouco se pode negar que o nivel dos equipos españois baixou e moito, da para competir malamente por casa, para Europa non damos, xogan a outro ritmo e os medio voían.

Así falaban os tuister star en Nadal despois do terceiro empate seguido. Pero así o facían en setembro despois do desastre en París

Non deixa de ser curioso que Valverde despois de dúas ligas , unha copa e unha supercopa fora cesado, que significa iso pois a importancia que ten a Champions xentiña, cae por  Roma e Pool pero é cesado por unha Supercopa de tolos, líder en liga e Champions, a ver se lles pasa coma nos con  Radomir . Non somos conscientes de que vivimos sete  Champions cando pensábamos que non íamos ver ao Madrid levantar ningunha cousas da vida. Cando nos falaban do branco e negro e todo iso. Agora que poñan o resto contas das Copas de Europa que viron gañar aos seus equipos e falamos. Os do estilo , a canteira eo boismo. Vamos a ver que tal o fai Setién, segundo moitos era éxito seguro e melloraría a Valverde , vámolo ver. O que si me da medo é que aposte por Riqui Puig un gran proxecto a altura dos nosos, é moi bo o chaval. En definitiva cousa do barcelonismo que lles guste ou non o troco de adestrador.

Tamén é curioso o moito que se fala da xogada do Fede, que non pode ser, que non sei que …., había que facela si ou si, moi do Cholo a xogada, se fora un do atleti estaría nos altares pero como é do Madrid, pois iso,  por certo moi parecida foi unha de Masche a Di María no mítico partido de Aytekin, da cal no temos nin repeticións, esa realización made in Barça Tv e dos indepes que pillabáns,  por sorte nas RRSS podedes vela.

Non esquezades que as Supercopas en verán para o Madrid non traían cousa boa, venme a mente a de Mou despois da tempada dos records que a seguinte foi un desastre e a de Zizou despois do dobrete pois liga horrorosa e salvounos a Champions.

Anteriormente :





Ou os search sobre o Real Madrid :






No hay comentarios:

Publicar un comentario