lunes, 27 de enero de 2020

Zinedine Capello Lippi.

Acaba a xornada o Real Madrid coma líder da liga pero cun xogo máis parecido ao calcio de antaño ca nunca, algo que ten luces e sombras. Criticar dende o liderato toca hoxe nesta folla.

Parece que Zizou está a aplicar o aprendido na Juve nos seus tempos baixo o mando de Lippi e non é outra cousa que dotar ao equipo dunha solideza que facía moito que non se vía. Eso si onte por exemplo non tiñamos nin profundidade nin desborde. Noso camaleonico Zidane como en abril do 17 con Carlo.

Como veño explicando dende principio de tempada , Casemiro e Valverde son homes chave, non poden descansar senón o equipo resíntese, como onte por exemplo, pero claro non poden xogar tódolos partidos, partidario como somos neste blog das rotacións, que implica que falta un medio das características de Fede, xa que cremos aquí que Valverde pode sustituir a Case algunha que outra vez.

Tamén levamos tempo dicindo que Lukita e Isco non poden coincidir nun once é dar moita vantaxe ao rival. Outra cousa que non entendemos é que non tivera no banco nin a Vinicius , nin a Brahim os dous xogadores con mellor un para un do plantel e que en partidos como foi o de onte virían de luxo, pensamos neste blog.

Queda no haber de Zizou que sacou o partido adiante cun gol de Nacho que aproveitou a cesión de Odri para gañar minutos. Triunfo ao máis puro estilo Cholo. Zizou busca pretorianos e ter a xente enchufada e contenta, ademais ollo para o talento ten,  polo tanto se non quere a James e Bale pois habería que colocalos e traer a un medio, non ? Outra cousa é que os mortais non o entendamos e nos guste  criticalo que para algo temos este espazo. Nese senso vemos a Lucas coma outra posibilidade para o lateral dereito e case sen posibilidades para o interior ou o extremo, outra cousa na que non estamos de acordo con Zizou. Como xa explicamos no Face o outro día : " Si Odri se vai cedido ao Bayern será por que  pensa en Nacho, Militao, Lucas e incluso Mendy como recambios sabedores que somos do propenso as lesións que é Carvajal e a temporada lamentable que está a facer. Unha pena o de Odri , xogador que gusta nesta conta pero que tampouco o fixo ben. Confiemos que volte con minutos e confianza."

Estamos loitando a liga co peor Barça dos últimos anos, tamén o estamos facendo sen o noso fichaxe estrela que é Hazard todo hai que dicilo, un medo é que tarde outro tanto coma no verán para coller a forma, en tal caso poñemonos en maio.Cousas no debe e cousas no haber de Zinedine Capello  Lippi. Con trece goles somos o menos batido das grandes ligas e creo que seis deses foron nos catro primeiros partidos ollo. En Pucela solo gañara un equipo , na casa son moi difíciles , hai que poñer todo en contexto.  No Madrid pídese gañar, non facer tropecientos millons de pases e onte dabamos pases con cero profundidade por aquí gusta o rock & roll, pero igual ca xente que ten todo non é posible. Mércores en Zaragoza e sábado co Atleti novos exames para Zizou e os seus pretorianos. A seguir calandome a boca e sacando partido para adiante.

Do VAR xa falamos a semana pasada e do inclito De Burgos pasade polos sitios de sempre que veñen explicados no anterior artigo, explican todo moi ben.

Pero en definitiva como di El  Norteño : " Bueno, pues así a lo tonto nos metemos ya en febrero y todavía no hemos perdido la liga, pese a no tener gol ni centrocampistas ni estilo ni entrenador ni dirección deportiva. Partido a partido. HUMILDAD. "

Vemos o vaso medio e medio, nin todo é bo , nin todo é malo.

Anteriormente :

Falemos do VAR. 

Arabic Supercup.

Principio de Peter.

Carlo-Zizou de abril do 17.

Search :

Terceiro empate. 

Desastre en París. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario