miércoles, 4 de septiembre de 2019

A Non Revolución.

Todo o prometido quedouse en auga de borraxo e o Madrid está de novo envolto nun aurea de fracaso. O Barça pincha dúas veces e vamos nos e facemos o mesmo con dous chaíñas. O desapego ca nova etapa de Zidane é total, vamos a decepción constante e sen rumbo.

Como dixen no Face do blog o outro día : " Si o proxecto era Zizou pois está claro o tipo de míster que é, xestor de Egos polo tanto había que traerlle cracks e que lle gustaran. Si o proxecto era xóvenes, pois había que poñerlles un míster que creera neles e darlle tempo ( iso que non existe no Madrid ) , pero nin unha cousa nin outra. Non creo que tarde en dimitir Zizou con todo o que lle están largando dende dentro. "

Temos os mesmos problemas e as mesmas respostas. Os mesmos xogadores e as mesmas carencias.O plantel necesitaba un impulso, algo que activase aos xogadores, xa que Zizou non é capaz de armar algo. Todo é moi predicible con Zizou , un mister que trae os cambios pensados da casa e que non é capaz de plantexar trocos segundo vaia o partido. Un equipo cunha carencia de gol acuciante ademais, se Bale ten que ser o salvador mal vamos.

O noso once é unha tartaruga, tan lento que calquer rival se replega sen máis perigo. Despois basado solo no centro lateral. O fútbol trocou, acumular xente que vai a tres por hora non vale. O ritmo tractor non vale. Os Isco e James da vida están para ser suplentes entrando ao final ou como moito poñer tan soio a un.

No fútbol actual necesitase un centro do campo dinámico, con moita chegada e capaz de imprimir un ritmo alto de xogo. Como dixemos faltanos gol e fáltanos ritmo e vai e deixamos marchar a tódolos medios sen fichar a ningún , de tolos.

O peor é que no mercado ademais dos que deixamos marchar había un bo número de medios moi interesantes, Ndombele, R. Neves, Havertz, Van de Beek, Eriksen, Bruno Fernández, Fabián, M. Savic  e vai e quedamos con catro, chimpando a Llorente, Ceballos, Kovacic, Ody .... de tolos.

É que empeoramos a liña que máis falta lle facía cambiar e darlle ritmo, Lukita con 34 anos, Toni a ritmo tractor, Isco e James de interiores, si no lo contan en xuño non o creemos.  Cun par de fichaxes dos que dixen anteriormente todo trocaba xentiña.

Despois está o clan do Churu con el a cabeza. Leva dende o día que se borrou co Ajax fora en caída libre. O noso capitán despois da pero temporada da Historia recente presentouse ante o presi a presionalo que senón marchaba a China, non chimpalo ese día foi chave, esa si sería unha Revolución. Si chega facer Bale o do Churu e Carvi estes partidos están falando de golf ata no xabarín club, pero claro estes falan ca prensa e teñen vicoca. Con todo o que se dixo de Bale nestes meses o tío ao seu.  Pero bueno o Churu cando a fin de mes caía Zizou estará desexando ter aceptado a chegada de Conte, en vez de por desgracia Mou que será o que veña. Primeiro pifia por ir de Beckenbauer e despois pasa o partido querendo marcar e xogando de dianteiro, que tío.  Levante, Psg, Sevilla, Osasuna e Atleti os cinco próximos partidos, case nada.

A verdade é que o que necesitamos é que o club queira algo de verdade. Escolla un adestrador acorde ao que queren facer , ou gañar xa, ou crear algo para os xóvenes. Facer unha limpiña e fichar un adestrador cun certo rigor táctico e nos esquemas. Algo ao que os xogadores se poidan agarrar. Estou tan desencantado que penso que con este grupo e este adestrador non vamos a ningures.

Os erros individuais con balón son consecuencia da falta de referencias tácticas, de liñas de pase, de traballo, vivimos na obligación constante de imporvisar. Unha boa estructura tamén sirve para protexer estados de forma. Zizou dende que voltou non preparou nada, seguimos no mesmo, o bombardeo sen sentido e a xenialidade individual, pero agora a xente é moito máis vella e falta CR. O Madrid de Zizou non ten  un camiño, non esta traballado, elaborado , somos vulgares e vamos levar moitos paus.

A min salesme a xogar cos Lunin, Militao, Regui, Ceballos ,  Vinicius, Brahim, Rodrygo, Take, Ody, Jovic.....e nin unha queixa, dasme unha ilusión, aínda que perdas supóñese que estás a crear algo.

E que non sabemos nin protestar cando nos quitan algo, ves o penal de Pique e o de Vini e como funciona un e outro equipo e demostra a falta de carisma dos nosos. O Barça sabe vivir moi ben na mentira os nosos non saben nin como xestionar a verdade.

En fin seguiremos sufrindo este despropósito. Presidente, adestrador e xogadores culpables disto.

Anteriormente :

Ilusión 0.

A resistencia.

Verán . 

Ilusión e realidade.


No hay comentarios:

Publicar un comentario