Agora que se
aproxima o final do caso “Rusito” vou
deixar unhas letras de regalo, antes de que o TAD diga algo, todos falan un
servidor tamén.
Vaia por diante
que penso que o Madrid fixo o ridículo, máis se cabe cando cambiou a Chery se
temos a razón non sei que pinta cambialo por boa fe ou por si acaso. Ca información que teño e si
fora na Liga da Costa por exemplo sería unha alineación indebida en toda regra.
Algo
incomprensible para un club do tamaño do Real Madrid, que debe ter estas cousas
previstas, debemos ir por diante da noticia como di o outro. E unha vez pasado
todo este matufo debe depurar responsabilidades internas. Tamén vos digo que si
o señoriño non chama a radio, non se entera ninguén da alineación indebida na
vida.
A frustración que
sentía con todo o que estaba a pasar era
inexplicable, meu madridismo sigue intacto, e cos días vou reducindo o cabreo .
Pero pasa o de sempre, un parte da
autocrítica ata que se atopa a tódolos antimadridistas saíndo das súas covas e
dando leccións, señor que cruz.
Agora vamos a
polémica, que xa me cansei tamén de escoitar a moitos dando leccións. A ver
señores, obviamente o Madrid ten que buscar un resquicio legal despois de
pifiala. Cantos culpables saen libres por defectos na lei ou na obtención das
probas. A ver si o Madrid é o único que non pode defenderse neste universo. Messi
marcou un gol ca man que case lle vale perder unha liga o Madrid e non foi
pedir perdón o colexiado, pois iso.
Volven as frases
de Franco, branco e negro e demais. Din que si non nos eliminan, que deben
retirarse todos da competición, así vive feliz o antimadridismo. O Madrid debe cumprir a lei din.
Pregúntome se
cando o Barça se plantou no ano 2000 , negándose a xogar ante o Atleti, se
cumpriu a lei. Xa que un ano despois deixáronlle participar igual na
competición. Cumpriuse a lei ?
Pregúntome se
cando na final da Supercopa de 2006 o Espanyol pedío alineación indebida de
Xavi e Puyol que supostamente estaban lesionados para ir ca selección e xogaron
co Barça antes de pasar os 5 días regramentarios, cumprindo a lei o campión
sería o Espanyol , non ?
Pregúntome cando
na Liga 2010/11 o día da folga de controladores
o Barça avisado non quixo adiantar o viaxe a Pamplona, outros equipos si
o fixeron. O día do partido, ante os problemas para voiar , pidenlle a RFEF
aprazar e concédenllo. A Osasuna dalle a risa , protesta, non acepta e polo
tanto hai que xogar. E claro o Barça chega
tarde a un partido que posteriormente gaña. Chegar fora de hora a un
partido penaliza co partido perdido e incluso pode ser ca resta de 3 puntos. O
Madrid perdeu aquela Liga por 4, non digo máis. Cumpriuse a lei ?
Pregúntome se
cando na final da Supercopa do 2011 o señor Cesc xogou sen ficha, en cambio
Modric si a tivo dun día para outro cando viviu a mesma situación. Cumpriuse a
lei ?
Que si o Madrid
ten que apartar a Karim, pero os outros con presidentes, ex presidentes
imputados. Xogadores que admitiron culpabilidade en delitos fiscales, iso non é
nada , simplemente centralismo e ataque por culpa de certo político.
E despois claro
ven o do comité a dar leccións co Madrid cando non fixo o mesmo co seu querido
Barça. Un xuíz valorando e dando exemplos sen vir o caso, pero que clase de
sentencia é isa. Leccións si pero para todos.
Si o Madrid saca
adiante o recurso, si que se cumprirá a lei, xa que un xurado, xuíz ou o que
sexa lle dará a razón. Todo dependerá das probas e de cómo o Madrid aproveite
os resquicios que lle deixou a Federación.
Iso di o país
durmirá máis tranquilo se chimpan o Madrid, non queira deus que nos den a razón,
penso que se acaba o mundo, aínda que xa deixei varios exemplo que no caso
contrario non pasou nada. Todos son inocentes ata que se demostra o contrario excepto o Real Madrid que é culpable sempre.
P.D. Creo que Arbeloa para xogar non está, pero como portavoz, incrible.
P.D. 2 : Son dos que pensa que os xogadores non vaian a selección é positivo para o Madrid.
P.D. Creo que Arbeloa para xogar non está, pero como portavoz, incrible.
P.D. 2 : Son dos que pensa que os xogadores non vaian a selección é positivo para o Madrid.
No hay comentarios:
Publicar un comentario