lunes, 14 de octubre de 2019

Principio de Peter e outras cousiñas.

Vamos a falar un pouco de certas cousiñas en torno ao Real Madrid.

Como nos conta  @madridisme o Principio de Peter afirma : " Que as persoas que realizan ben o seu traballo son promocionadas a postos de maior responsabilidade , a tal punto que chegan a un posto no que non poden formular nin tan siquera os obxectivos dun traballo e alcanzan o seu máximo nivel de incompetencia. "

Algo así nos pasou a todos con Lucas Vázquez, era moi bo recurso B. Fixo un par de boas tempadas coma recurso en partidos menos esixentes ou saíndo coma revulsivo dende o banco, incluso algún importante coma titular, creo recordar por exemplo contra o PSG, tamén creo recordar que se quedou fora da convocatoria no que se di que é o mellor partido deste grupo o da Juve na 12ª.

Comezan a darlle un rol algo superior , coma titular ou primer cambio, realmente o posto pódelle e comeza a facelo peor do que o facía anteriormente. Nin é tan bo coma para ser titular , nin é tan malo coma parece agora. Era un bo recurso para certo tipo de partidos e situacións, fora dese contexto parece incompetente. Non podemos queimarnos tanto con el, dende aquí os primeiros que temos que asignar o "mea culpa" , pero non merece xogar tantos minutos como fai, iso tamén queda claro e quizais por iso nos cabreamos con el e non ca persoa que o poñe.

Outra cousiña, si fichamos xogadores xóvenes para mandalos ao Castilla, para telos no banco sen minutos aínda que demostren ser mellores que o anterior xogador do que falamos, pois chegará un día en que non queiran vir. Si se fichan hai que darlles algo de marxe, ou cedelos pero a equipos nos que van xogar con cláusulas de penalización senón xogan, porque o caso de Lunin tamén é de traca, chúpase dúas cesións sen xogar minuto, para iso queda aquí e aforramos o tema Areola.

Máis cousiñas, está claro que o Madrid necesita fichar un medio si ou si, a estas alturas e como se está a mover o fútbol o mellor sería un box to box pero si Eriksen se pon a tiro a bo precio non está mal, aínda que tiraría máis por un estilo Bruno F. ou un para descansar a Casemiro. Dito isto, si Modric vai recuperarse no Madrid para ir a lesionarse ca súa selección , creo que é o momento de que colla a portiña e mira que lle queremos ben por aquí, pero van dúas seguidas no posto que peor temos cuberto, ten 34 tacos e non está para dous partidos seguidos, non sei como vai facer Zizou en Mallorca, con Kroos lesionado e Casemiro con catro cartóns previo o Clásico, por iso fai falla un medio ou dous. Non descartaría vender a Mariano e incluso a Isco para traer dous medios doutro estilo, sería o ideal, pero non se fará.  Por certo si non vamos utilizar a Brahim debe ser cedido.

Por certo, para os que din que a prensa é madridista. Parón de seleccións, Piqué forza a quinta amarela, Grizzy queda no banco, o Barça de Barto ten unha débeda de 1000 kilos,  o Atleti fai o peor arranque goleador da era Cholo, de que falan as portadas : de que Bale quere marchar, todo correcto, iso nos pasa por crer as falacias que nos contan.

En fin , chegan tres partidos chave, todo pode trocar en dúas semanas.

Anteriormente :

Desastre en París.

A non revolución.

No hay comentarios:

Publicar un comentario