sábado, 27 de julio de 2019

Verán.

Fai pouco máis dun mes escribín as miñas primeiras palabaras sobre o Real Madrid e hoxe parece que volvo a facelo, e a miña idea non troca. Aquí deixo o que escribín o 17 de xuño para que comparedes. Pero está claro que hai que o troco de cromos debía de ser forte e as miñas dúbidas sobre si Zizou era o idóneo.

Polo de onte a noite , pasan e non pasan cousas. Sempre digo que cando hai que perder e aprender é na pretempada, os resultados non son o importante, poño como exemplo un Depor que arrasou con todo en pretempada incluso lle puxo sete ou oito ao Bayern e despois fixo unha tempada ramplona. Iso si en pretempada teñen que verse o que prometemos ser, e prometemos ser o mesmo dos últimos anos e iso é o que asusta.

Zizou mereceo todo, tres Copas de Europa seguidas, o dobrete Liga - Copa de Europa.  Cando veu como xogador que non daba pois arriou, e cando veu como adestrador que non daba arriou tamén, polo tanto non se debería falar mal del pero en vez de cargarse aos reis , cargouse aos peóns os que deberían quedar. Llorente, Ceballos, Ody , Regui ...., están fora, en cambio os Ramos, Modric, Marce, Isco siguen, si pensa que o que funcionou a tempada do dobrete vai voltar a funcionar agora está moi equivocado, non pode pretender repetir aquel once coma fixo. Algún pode valer coma complemento, pero non pode volver a xuntalos outra vez. Son os mesmos pero catro anos máis vellos, con iso dicimos todo. Teñen de novo as ganas de ganalo todo, de competir polo posto. Claramente el toma as decisións que el cree mellores para o Madrid, sabe máis ca un servidor e gañouno todo pero deixa dúbidas por aquí , sinto.

De feito as miñas dúbidas con Zizou son as de construir estructuras de xogo, non é un técnico de pizarra e sistema e o equipo é o que necesita por encima de todo. Vexo máis opcións de que Zizou o deixe antes do Nadal de que o novo proxecto triunfe. Se do once chave de Glasgow repetira tan solo catro ou cinco por partido igual si, pero dame que non. Ademais desfíxose dos medios que me gustaban , vai na miña contra.

Outro tema son as saídas de Bale e James. Bale xa vai un ano tarde e repetino  , como sempre dixen debeu saír despois de Kiev e non son dubidoso co xogador, aínda que ca lesión de Marco e cas non chegadas para arriba dame medo , porque el gol ten, pero hai que apostar por Brahim, Vini, Kubo, Rodry, por Lucas non por favor. Si el e Nacho teñen que quedar polos cupos moi ben, pero non están para xogar. De feito o tema dos cupos son os que fan que pense que son válidas as fichas do filial para os brasileiros e Kubo. De James xa non falo, un festas non o vexo no Madrid, pero si é posible non o quero no Atleti, iso si se pagan 60 kilos e os invertimos , que vaia con deus. Aos que nunca lles vendería era a Hermoso e Llorente, dous cupos en posicións que necesitamos, cousas de Zizou, en fin.

Pois eso seguindo con Bale é un xogador que foi importante estes anos e non creo que fracasara, os títulos o avalan e foi importante en moitos deles. Foi o que esperábamos del, pois creo que tampouco. Bo fichaxe e amortizado, o que teño claro é que gratis non o deixo marchar para que se vaia gratis igual utilizo, pero manda Zizou.

Bonito ver coma os periolistos levan pegándolle a Bale dende que chegou e agora o alaben, manda truco. Como dicía Jabois sobre o tema : " Os mellores xogadores do Real Madrid , nunca xogan no Real Madrid. " , referíndose a cando se foi DiMa e a prensa e o Cholo comezaron a alabalo. " Nunca coincide un mellor xogador no Madrid, están todos, cedidos, traspasados ou mortos. "

Parecido pero non igual sería outro tema :

Como dicía Valdano sobre o Buitre : " Un xogador pode ter un lugar na historia pero non na alineación." , esto debería ir por máis de un.

Ou como di Javier Aznar : " As despedidas dos xogadores dos clubs están tan sobrevaloradas coma os finais das series. A mín dame cinco tempadas inolvidables e vaite coma che de a gaña, cun portazo, cun post-it na nevera ou cun portazo.

É que se foi pola porta de atrás . Si eres bo , non importa a porta pola que salgas. A escaleira segue ulindo a colonia . Da igual si é a principal ou a de servicio. Todas levan o mesmo sitio. "

Mal vexo tema non o nego, necesitamos dous medios penso ( un defensivo e un box to box ), algo para arriba con gol e algo para atrás , imposible que se faga. Como está a xente un servidor non descartaría defensa de cinco polo tipo de laterais que temos e fichar outro central, aínda que Zizou creo que ten outras ideas.

P.d. : Despois do ano lamentable que fixeron o ano pasado están todos en plan chulitos, porteiros, o capitán que leva dende a ida co Ajax de chiste ( borrado por cartón, documental, casamento , marcha a China... ) , os xogadores que bos somos e a revolución sen chegar.

Xogadores , hai que desexar voltar a reinar e creo que fai tempo que non o fan, a revolución sigue pendente. Os equipos construiense día a día, traballando tácticamente cada adestramento e partido, pero hai que saber facelo.

Si pero non, Lolaso ou fracaso. Como di o meu compañeiro de traballo Alberto : " A 14 con Raúl. " , sinceramente de Rulo non me fío nada de nada, fíome máis de Guti con iso digo todo. O tío era Xabi para o Castela creo.

Anteriormente :

Ilusión e realidade.  Sigo a pensar o mesmo un mes despois.

O curmán. 

Pajiplantillear . 




No hay comentarios:

Publicar un comentario