jueves, 1 de agosto de 2019

A Resistencia. Observa !

Hoxe por fin os horarios e o traballo permitiron que virá o primeiro partido do Real Madrid. O cal definimos como pachanga total. Seguimos a ser unha festa en defensa, iso si en ataque vin brotes verdes ( sería pola camisola ) sen esquencer que xogamos contra o sexto da liga turca por moito Fener que sexan estes non xogan o basket e non teñen a Obra nen a De Colo.

Observei coma cada vez que perdemos a bola somos un circo, o sistema defensivo é un desastre total. Non creo que sexa culpa exclusiva da defensa senón do equipo en xeral e do mal que estamos colocados cada vez que perdemos a bola, as contras que nos fan son mortais.

Observei que non hai patrón de xogo, nin automatismos.

Observei que a xente tan solo se ilusiona cos Kubo, Rodrygo, Vini .... e que xa comeza a chamarlle gordo a Hazard, que parece que o está.

Observei que non atopo por ningún sitio a prometida revolución de Zizou e que en tan solo un mes a xente xa perdeu a ilusión.

Observei que as gañas que lle poñe Mariano merecen unha oportunidade que van a ter outros sen merecela tanto. Porque non a merece coma Luquiñas ?

Observei que Pogba solo non vai solucionar todo isto.

Observei , observei e observei .....

Pero claro observei un par de diarios, puxen nun par de canles de televisión, vin criticar aos periolistos antimadridistas  que dominan as teles , os dos colchóns e os das butifarras, mira que nos teñen "lancrina" as CdE doen. E claro entroume a esperanza tan solo por fastidialos a todos, porque todo o que dixeron !!!!!

Un servidor critica moito , pero claro vendo aos raposos no galiñeiro vou esperar e marcarme un Lolaso con Zizou, pau e caramelo e a ver que sae, porque os anti xa nos queiman, cos resultados, con Bale, con James  ..... Que si Zizou manda ao filial a Kubo e Rodry... A ver temos un problema de pasaportes e pode ser bo para os futuros cupos que teñan esa ficha, tranquilidade e confiemos en que lles vaia dando oportunidades si están ben. Cando comece o bo xa estaremos atentos para queimalo , ao rematar o partido de Balaidos falamos,  polo de agora pouco a pouco, esperar como se pecha o plantel  e Hala Madrid.

Facedes que baixe o meu nivel de críticas con Zizou e pasarme A Resistencia, unhas horas ou unha semana tampouco prometo moito.

Anteriormente :

Verán . 

Ilusión e realidade . 

No hay comentarios:

Publicar un comentario