lunes, 8 de julio de 2019

O Lolaso vs Mirotic.

Cando alá por abril dous periodistas destaparon que algo se cocía con Niko, ninguén no seu sano xuizo o vía posible, pero o final foi verdade.

Sinceramente foi un pequeno pau para o madridismo por diversas razóns, un pouco porque Niko foi o home no que nos guiamos naqueles anos no deserto, un pouco porque é a constatación de que o Barça poñe moita pasta no basket, doeu que Niko perda pasta por ir xogar ao Barça ( vai cobrar sobre 5 limpos pero na Nba cobraría máis parece ) e outro pouco porque temos medo de que Niko sexa o que foi Rudy para nos no seu día, cabe recordar que o Barça non gaña a liga dende o último ano de Niko aquí por certo, a Euroliga uns anos antes con outro roster tremendo.

Entendemos que a muller queira volver a Europa pero ir para o Barça pois é un pauiño, máis gañas de vencelo na pista e que se prepare para os silbidos.

Queda claro que o de Mirotic non era un posto a reforzar no Real Madrid, tampouco podemos pagar ese pastizal a un tío, moi pero que moi fora de mercado en Europa, así que pouca pena por iso.

O Barça armou un equipazo con moita calidade, pero aquí pensamos que vai ser un incentivo para o Lolaso , vainos axudar a crecer. Ter tan bo equipo non asegura nada, o mellor equipo dos últimos anos foi o Cska de Kirilenko and cía ( Teodosic, Shved, Siskauskas, Krstic, Kaun .... os que non recordedes tirade de wiki e listo, equipón ) e perdeu a final da Euroliga vs Printezis e o mago Spanoulis. Este ano vamos sen presión e con moita ilusión ante o maior presuposto da historia do basket en Europa con Mirotic, Higgins, Davies, Heurtel e demais pagados a prezo de ouro.

Ademais o Niko pre-Nba pois era un pouco peito - frio  a ver como volta, sempre recordarei o triple que non se tirou solo en Milán que nos daba o título de feito escribino no seu día.

Poñerse a borrar tuits tampouco axuda, queda un pouco mal Niko con iso, do que sempre se dixo que acabou mal con Lolaso.

Confiemos pensando que co salario de Niko por ano nos pagamos a Rudy, Llull e Tavares ou o Barça a Davies, Higgins e Tomic, iso tamén desestabiliza vestiarios , veremos como funciona o tema. E nos a esperar algún descarte Nba que nos salga coma Tavares.

Todo o que non sexa triplete do Barça será un fracaso inmenso, e nos debemos xogar con isa presión que terán Pesic e os seus. Pesic vai vello pero xa pasou polo tema, tivo un equipazo para gañar a primeira FF co Barça e tamén tivo que lidiar coa sele iugoslava así que experiencia ten pero ...... o Lolaso ten un novo reto.

A dúbida radica en seguir hateando ao Lolaso ou defendelo, técnica de contragafe ?

Outros interesantes artigos sobre o tema , recomendo pasar por cada un deles :

@Joselurr en sillonbal . 

@blasradio en pobla fm .

Fernando Ruiz en Eurosport.

La galerna . 

La galerna outro . 

Anteriormente de colleita propia :

Outra para o Lolaso. 

FF Vitoria.

Copa Gate.

No hay comentarios:

Publicar un comentario