lunes, 12 de agosto de 2019

Ilusión 0, xogo - 1.

Aínda non comenzou a tempada e o madridismo está xa sen ilusión, como comenta algún xa se lle está a facer longa a tempada. A xente non ve opcións de nada.

Como sempre digo os resultados de pretempada non sirven de nada, pero claro hai que mostrar algo tamén, non ser un desastre continuo e non dar a impresión de que todo é improvisación.

Primeiro xógase dunha maneira e aínda por encima nos desfacemos dos medios que temos, ( Llorente, Ceballos, Ody ... ) , para non fichar ningún. Despois xógase de outra con tres centrais e voltamos a desfacernos dos que temos, ( Vallejo, J. Sánchez,  a opción Hermoso por 7 kilos.... ), nin que dicir ten o nivel lamentable de Nacho, aínda que Odriozola e Carvajal non andan mellor. Somos unha festa como organización tanto ofensiva como sobre todo defensiva. Por exemplo onte xogando con tres centrais e dous medios defensivos, con dous pases todos superados e ocasión clara en contra. Supóñese que polo menos o sistema ofrecería solidez pero claro para iso habería que traballalo algo.Sen un mínimo táctico desfaiche calquer equipo. Estamos para intentar quedar cuartos en liga e chegar a oitavos das competicións, nada máis. Zizou non chega a Nadal e xa quentan Alegri, Raúl e Guti con iso digo todo. Máis defensas non significan defender mellor e máis dianteiros non significan atacar mellor, hai que darlles unha estructura a ambas opcións.

Por exemplo os nosos laterais tiran para arriba sin xeito cando teñen que apoiar a saída do balón ben abertos a banda, quen explica as tácticas, non ven os partidos, non ven os videos, lamentable.

O madridismo afrontaba a tempada coma unha mini revolución na que debía saír algunha vaca sagrada en cambio, fóronse a chavalada que ilusionaba e quedaron os que levan anos tirando ligas e cada vez máis vellos. Ademais Zizou non é un home que aposta pola chavalada, algo que tamén ilusionaría ao madridismo, cos Llorente, Ceballos, Regui, Ody out, e con Vini, Kubo, Rodry e demais no ostracismo.

O problema máis grave e de pizarra, cos xogadores desconcertados e cun Zizou claramente superado. Somos unha banda nivel terceira da costa, que se xunta para xogar , deses que incluso nin adestran, superados táctica, técnica, mental e físicamente, unha basuriña vaia. Zidane non sabe construir modelos nin de táctica e sen xogadores brilantes todo se vai a onde se vai. Zidane está a facerse un Solari pero xogando cos de sempre polo menos Solari cargouse xente e puxo chavalada.

E aínda por encima Florentino facendo o canelo outra vez con Ney. Que claramente está facendo a xogada para voltar ao Barça e vai el e pica outra vez. Si puxera os cartos por Kane e Poche cando tiña que poñelos. ou po MBappe, vaia tontainas. O Poche, Kane , Eriksen como os novos Bale e Lukita. Fichas talento xoven e ademais a Hazard que opera por esas zoas e vas traer a Ney, un servidor non entende nada. Flo os Ney rinse de ti unha e outra vez e aínda por encima o PSG non lles vai a sacar a Dembele, vaia chiste, como o do FPF de onde quita o Barça os cartos. Por certo nesta conta non queremos a Ney, queremos alguén que potencie as nosas poucas virtudes e que fixera unha revolución, Zizou non parece selo. Creo que VdB con Eriksen ou un medio defensivo e quizais algo en ataque nos viría mellor que tirar cartos por Ney ou Pogba, pero ao final quizais nin unha cousa nin outra. Para pagarlle iso a Ney , pagáballo a CR que polo menos é un superprofesional, por moi CR e as súas cousiñas que sexa.

A menos dunha semana de que arranque a Liga , así estamos :

- Sen un plantel decente.
- Cun sistema defensivo deplorable.
- Con xogadores que non contan para Zizou e que o club non foi quen de colocalos.
- Cun amplo número de xogadores que xa xogaron os seus mellores 50 partidos.
- Con nada que nos ilusione.

Traxedia a vista.

Anteriormente xa fun avisando pero cada día menos ilusión :

A Resistencia observa.

Verán . 

Ilusión e realidade.  Avisado en xuño xa.






No hay comentarios:

Publicar un comentario