jueves, 6 de agosto de 2015

Enlama que algo queda.

Tal e como se move o mundo do periodismo hoxe en día queda claro que canto máis polémico sexas máis visitas e máis repercusión vas ter, en cambio se segues unha liña coherente pois pasas sen pena nin gloria. É dicir enlama que algo queda poderiamoslle chamar. Iso é o que fixeron co Madrid e iso é o que vou facer en sentido contrario.


A min gustaríame falar da pretempada do Real Madrid que é iso, pretempada. Xa están con que non carbura e todas esas lerias, que o Barça asusta e o Real é  lixo. Un servidor ten total confianza no equipo. Son dos que creo que a pouco que nos respetaran as lesións e que Carleto movera ben o que tiña, gañábamos todo, viuse ben como aplastamos o Barça cando tíñamos todo. Que tempada tiramos  o lixo para que a aproveitaran outros. Como todos supostamente sabemos de fútbol, non vale a miña teoría logo? O que pasa é que certamente moi poucos son os que saben.

O mesmo que pensaba o ano anterior co Lolaso, as lesións e as poucas rotacións impediron facer o que fixo este ano. Pero o Real Madrid é iso, esixencia máxima por iso Carleto non sigue. Como ben dixo Laso : “ Non concibo que un xogador do Real Madrid non entenda que ven aquí a gañar , non o concibo cando un xogador chega o Real Madrid debe pensar que o trouxeron o Madrid para gañar “. Como demostras que eres mellor sen títulos, realmente iso solo vale para cando perden eles, está claro. A Historia gardase na sala de trofeos a gloria gáñase día a día, non conta o pasado.

Sería mellor falar de que necesitamos un lateral esquerdo, gústame Coentrao pero debe ser un dos peores profesionais que pasou pola entidade. Que debemos fichar un mediocentro que faga o que Illarra non fixo, quitar e repartir xogo, outro no que confiaba. Quizais un punta, aínda que eu co que hai arriba creo que Karim, CR e Jesé poden ser ese punta perfectamente e Mayoral nun apuro. Que a dupla de porteiros me gusta, está mesma xa a pedín para a tempada pasada pero ! E que a día de hoxe dame máis seguridade Kiko que Keylor. Gústame Leno máis ca De Gea , tamén o digo. Pero iso non vende, non gusta, non é polémico.

En cambio si tiro por enlamar, teño máis repercusión. Hoxe vamos tirar por esa liña, falar do novo toleon que lle dou o crack mundial que anda agarrando xente polo pescozo e a cabezazos, tan santiño como é , si o chegan a facer o crack do fútbol ou o do basket vestidos de branco, non chegaban as portadas. E si dicimos  que solo funciona nesta parte do oceano. Ou falar do seu dietista que tantos  ciclistas de dubidoso curriculum biolóxico tivo o seu cargo. Ou falar de que co político e co triatleta non tivo problemas de estómago, si buceas en certos foros falan dunha papilla máxica , estilo a pócima dos galos que dan certos adestradores, será verdade.

Que dicir si certo equipo chega xuntar  o vampiro, o lanzador de botíns, e o carioca dos peiteados que se pelexa cos rivais e se encara cos colexiados en competicións continentais. Valors chámanlle.

Ou falar do saldo arbitral que chama Maketo Lari que sacou uns datos curiosos do Sport entre os anos 2003 e 2015 en partido oficiais, vamos con eles :
Tarxetas amarelas Barça: 1275
Tarxetas amarelas Rival do Barça : 1913
Tarxetas vermellas Barça : 69
Tarxetas vermellas Rival do Barça : 122
Penaltis a favor : 130
Penaltis en contra: 72

En cambio para o Real Madrid :
Tarxetas amarelas Real Madrid : 1646
Tarxetas amarelas Rival do Madrid : 1731
Tarxetas vermellas Real Madrid : 105
Tarxetas vermellas Rival Real Madrid : 80
Penaltis a favor Real Madrid : 127
Penaltis en contra Real Madrid : 75

Curiosos datos para o equipo do goberno verdade, quen o diría. Como curioso é que un equipo que está sancionado sen fichar, fichara máis que o Real Madrid nese periodo. Curioso é tamén que un equipo baseado na canteira leve un saldo negativo de – 245 millóns entre compras e ventas nos últimos anos, en cambio o equipo da carteira leve -120 e iso que aínda non está claro o prezo do brasileiro dos peiteados.

Curioso é tamén que Raúl e ïker que marcharon do Real Madrid porque Mou e Benítez non lle garantizaban minutos digan que o clube lles da unha patada. En cambio si Pedro  quere marchar polo mesmo todo son flores .

Ou que digan está a dieta e adestrando coma nunca na súa vida, pero non tiña talento innato, que non lle facía falta. Os seus amigos periolistos que en vez de axudalo o afundiron tratando tan ben.
Dádesvos conta, a provocación vende ! É que cantidade de prensa ten en contra o Real Madrid e vos sen sabelo. Como nos van minando de forma subliminal. Don Santiago Bernabéu dicía : “ O antimadridismo é o prezo que hai que pagar por ter máis Ligas que nadie en España e máis Copas de Europa que nadie”

 Xa dende tempos de Don Revie e Brian Clough,eses tempos que tanto gustan o noso amigo “ O Notario “. Unha frase de Don demostra o que é o Real Madrid : “ Levamos unha vida vestindo de azul e amarelo. Que gañamos dende entón ?  Nada. A partir de agora, este equipo deixa de ser un perdedor, porque o adestro eu. Eu non son un perdedor. Saben que equipo gañou máis títulos no mundo ? Pois o Real Madrid. Saben de que color viste o Real Madrid ? De branco. Dende este  mesmo momento, este equipo xogará de branco. Será unha sinal inequívoca  de que este Leeds é , dende este momento, un gañador “ Don Revie en Marzo do 1961.

En cambio se me pasara o artículo falando e desenrolando esta  frase de Jordi Juste pasaría sen pena nin gloria :  “ Un equipazo non o forman os mellores xogadores. Un equipazo o definen as sinerxias e a complementariedade entre eses xogadores “ , eu engadiría o adestrador, e todo iso mesturado ca pouca sorte que fai falla para un equipo épico.


Enlama que algo queda, o próximo día falamos de fútbol. A pouco que Benitinho aplique ben a súa ciencia e sepa administrar os roles e os minutos e nos acompañen as lesións, fai un Lolaso, queda dito, total xa aproveitaran para sacar de contexto as palabras.

Na vida pasa igual, enlama que algo queda.

#HalaMadridYNadaMas



No hay comentarios:

Publicar un comentario