lunes, 25 de mayo de 2015

Batiburrillo de ideas.

Na última semana viñen expresando unha serie de ideas no Facebook do blog pero como hai xente que non é usuario dese Facebook pois vou copialas aquí directamente.



Post 1 :

A Final da Euroliga dame para unha reflexión enlazada con esta frase e con datos que vin estos días :"Las estadísticas son como un bikini en la playa, te puede decir muchas cosas pero no te enseña todo".
Os datos que vin son de Ante Tomic , cuns números individuais incribles pero os seus equipos apenas ganan títulos. Leva desde o 2010 en España entre Madrid e Barça e solo 3 títulos , para 12 do rival fora un ou outro según o ano. É dicir 3/15 Tomic , rival 12/15 , curioso , non ? Supóñese que é un xogador dominante.
Poderíamos aplicar eso a Cristiano ? Pois paralelismos hai , números enormes pero , 1 Liga, 1 Champions , 2 Copas , penso que ese é o bagaxe.
Igual non son tan importantes como parece ?
Recordo que o mellor Barça de Pascual dependía de cando poñía dureza no campo , Sada, Basile, Grimau,Morris, Ndong, Fran Vázquez , eran máis importantes do que parecían.
Igual pasa con Llull, Rudy,Rivers,Maciulis, Chapu,Ayón, Slaughter. A defensa mellora o ataque no basket.
E no fútbol os números individuais poden axudar pero sin títulos de nada me valen. Pero tamén convería poñerlle un ollo os nosos números en defensa, o número de goles que sufre o Real Madrid non é pouca cousa, a ver si a nosa defensa e o noso porteiro non son tan bos como quere vendernos a súa prensa amiga. Marcar 118 goles non nos serviu para gañar a Liga , ollo !

Post 2 :

Despois de estar casi 4 anos criticando a Laso e bastante , despois de que todo parecía roto no verán , despois de acabar con Carroll. Todas esas situacións déronme outra visión do Lolaso nos últimos meses e díxeno. A chegada de Ayón, as raras rotacións de nadal, a mellora defensiva e que nos levou a ofensiva , e os secundarios, dichosos secundarios. A pesar dos que sempre dudamos triunfou o Lolaso , pero Laso tamén supo rectificar esa hai que reconocerllo tamén , non todos o saben facer.
Por iso quero darlle as gracias os que lle parece mal que celebre a Euroliga , o basket europeo é unha pasión así que disfrutade co voso e deixademe tranquilo , senón recordade o que escribíades de Lucho despois de Sanse.

Post 3 :

A prensa aplaudindo a Carleto , pero esto que é !!!!! Como fixo un campañón . E aínda por encima di que chegamos frescos como rosas o final de tempada. Non recoñece un erro vaia.
O final entre os xogadores , a prensa , e a falta de autocrítica aínda vou querer que veña Benítez e que faga limpeiro.Si os xogadores teñen medo de que lles de caña , é que se están tocando as pelotas. Pero meu candidato sigue sendo Zidane ( confiando como confio pouco nada no Zidane adestrador penso que é o único que non lle tería medo a nin a Flo , nin os xogadores e continuar cunha idea  , ou rompe ou racha ! 

Alegato final :

O que si teño claro é que Casillas non debe seguir, que si que nos deu moito, que era moi bo e tal e tal, pero tamén o foron no seu día , Gento, Di Stefano, Butragueño, Raúl ou Hierro e chegoulles o momento e tiveron que irse. Que recorde eu o único que se foi perdoando pasta foi Zidane cando viu que xa non daba o nivel, o resto quérenlle moito o clube pero tamén lle queren a pasta.

Ter un elemento desestabilizador, filtrador e creador de mal ambiente na plantilla é contraproducente, deses que che dan a palmadiña por diante e por detrás danche unha puñalada trapera, esa xente non é boa tela no vesitario. Fan moito dano e si contan unha mentira moitas veces sempre hai quen lles crea. E si é super amigacho dos periodistas menos.

Resulta curioso que os que máis o defendan son os antimadridistas ( periodistas e siareiros rivais ), si tanto o queren e tan ben está  que o poñan de titular nos seus equipos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario