lunes, 25 de mayo de 2015

Copa Provincial.Fisober B - Villa de Cee.3-2.

COPA PROVINCIAL

RESULTADO : FISOBER “B” F.S.F. – F.S.F. VILLA DE CEE : 3-2.

FISOBER B : Alejandra, Nuriña, Paula Fandiño, Laura e Andrea Muíño ; tamén xogaron : Tamara, Andrea Piroja, Antía e Paula Lema.


VILLA DE CEE : Carla, María de Dumbría, Alba, Adriana e Andrea Romero ; tamén xogou : Laura.

ÁRBITRO : J. Vilas ; CRONO : Yayo Pájaro.

GOLES : 0-1 Andrea Romero, 1-1 Tamara, 1-2 Andrea Romero , ( descanso ) , 2-2 Paula Fandiño, 3-2 Laura.

Partido de ida da previa  da  Copa de Provincial , disputado na mañá do sábado no Pavillón de Vimianzo.

Daba comezo a competición de Copa cun igualado derbi costeiro  entre o filial do Fisober e o Villa de Cee. O xoven equipo local con dúas infantís e tres cadetes, acadou a súa primeira vitoria como local en partido oficial esta tempada algo que viñan merecendo polo bo traballo realizado nos últimos meses, desenrolando  ademais un bo partido.

O partido arrincou como o típico partido de Copa, cos dous equipos  conscientes de que queda outro partido e os erros podíanse pagar. As locais optaron polo dominio do balón e as visitantes saíndo en perigosas contras.

Así foron pasando os minutos sen que non se movese o electrónico. Ata que os catorce minutos unha contra visitante era finalizada por Andrea Romero para o cero a un.

Non desesperou o equipo local  e seguiu realizando o seu xogo. A tres para o fin desta primeira metade despois dunha xogada a balón parado , Antía enviaba o balón o pau.

Cando parecía que se ía a chegar con cero a un o tempo de lecer un último minuto incrible regalounos un gol por equipo. Primeiro cando a falla de 27 segundos unha magnífica combinación local acabou co gol de Tamara no segundo pau. E despois cando as visitantes responderon cun xenial gol de Andrea Romero sobre a bocina, que deixou o un a dous co que se chegou o tempo de lecer.

A volta de vestiarios mantívose o mesmo guión, non se movía o electrónico. As mellores ocasións locais foron por parte de Andrea Piroja e Paula Fandiño con dous envíos o pau.

Iso si pouco a pouco as visitantes foron notando que solo utilizaban seis xogadoras na rotación e os folgos ían a menos.

Así chegouse os últimos minutos nos que as locais aproveitaron a circunstancia para con dous balóns parados darlle a volta o partido.

Primeiro un lanzamento de Paula Fandiño a pouco menos de tres minutos,  que supuxo a igualada no electrónico. E despois Laura desviando outro lanzamento de Paula Fandiño cando se entraba nos dous últimos minutos, poñían o tres a dous definitivo.


O filial do Fisober arrincou unha vitoria pola mínima para a volta e deberá pelexar moito  e con gran concentración coma na ida  se quere pasar a eliminatoria ante un difícil rival como é o Villa de Cee.

No hay comentarios:

Publicar un comentario