lunes, 1 de junio de 2015

Copa Deputación. Portosín-Fisober.0-3.

COPA DEPUTACIÓN

RESULTADO : PORTOSÍN – FISOBER F.S.F. : 0-3.

PORTOSÍN : Noelia, Judit, Rebeca, Lorena e Raquel ; tamén xogaron : Xulia e Julia.

FISOBER : Leti, Noelia, Inés, Raquel e Laura ; tamén xogaron : Tamara e Nuriña.


ÁRBITRO : José Hermida ; CRONO : Yayo Pájaro.

GOLES : 0-1 Inés, 0-2 Inés, 0-3 Inés ( descanso ) , na segunda metade non se moveu o electrónico.

Partido disputado na tarde do sábado no Pavillón de Santa Irene de Porto do Son correspondente os cuartos de final da Copa Deputación de A Coruña que celebra a súa  primeira edición tanto masculina como feminina.

Presentaba o Fisober un combinado de xogadoras dos diversos equipos para a este partido, no que incluso xogou a infantil Nuriña e foi baixa de última hora por enfermidade a tamén infantil Paula Fandiño.I é que a estas alturas de tempada, en plena época de exames e con compromisos laborais os dous equipos chegaron a cita moi xustos.

O partido foi igualado e tivo ocasións en ambos lados pero os tres goles de Inés na primeira metade decantárono a prol das costeiras, nunha tarde na que a intensa calor e os poucos efectivos en ambos conxuntos tamén foron un condicionante.

O partido arrancou con bo ritmo e con algunha ocasión visitante. Os cinco minutos Inés desfacíase da porteira para o cero a un. As locais creaban perigo por medio da veterana Raquel pero tiña en Leti un muro infranqueable.

Mediada a primeira metade un saque de esquina de Laura pillaba despistadas as locais e Inés facía o seu segundo gol.

O Portosín tamén tiña as súas ocasións pero non superaba a Leti, incluso Raquel enviaba un balón o pau. Para as visitantes Noelia e Laura en varias ocasións non era quen de acertar no segundo pau.
A trinta segundos para o fin da primeira metade de novo Inés facía o definitivo cero a tres.

Tralo tempo de lecer o ritmo do partido baixou , as visitantes tentaron controlar o partido co resultado a favor e as locais reducir distancias.

Aínda que os dous equipos tiveron ocasións , incluso a costeira Inés enviou un balón o trabe o marcador xa non se moveu.


Con este resultado o Fisober avanza as semifinais desta  primeiriza  competición, unhas semifinais que non teñen data de celebración, o rival será o 5 Coruña despois da renuncia do seu rival o recén ascendido a Honra o Valdetires Ferrol o collelo en plena promoción. Polo outro lado do cadro chegan o Viaxes Amarelle e o Hércules Coruña. Podería ser ou antes de rematar a presente tempada ou na próxima pretempada, o  único seguro é  que as finais masculinas e femininas serán o 5 de Setembro en Santiago de Compostela no Pavillón de Santa Isabel.

No hay comentarios:

Publicar un comentario