lunes, 4 de mayo de 2015

Mora - Fisober. 3-0.

SEGUNDA DIVISIÓN NACIONAL

RESULTADO : MORA F.S.F.  – FISOBER F.S.F. : 3-0.

MORA : Vir, Laura, Cris, Tere e María Carrobles ; tamén xogaron : María Cuervo, Clara, Elena, Lucía, Sheila, Elena Davila e Clarita.


FISOBER : Leti, Mai , Inés, Ana e Noelia ; tamén xogaron : Laura  e Raquel.

ÁRBITROS : Alberto Carrión e Miguel Camuñas .

GOLES : 1-0 María Carrobles, 2-0 Laura, ( descanso ) , 3-0 Clara.

Partido disputado na tarde do sábado no Pabellón Cuberto de Mora  en  Toledo.

Última saída da tempada para un Fisober que necesitaba a vitoria en terras toledanas para acadar a permanencia pero non foron quen de lograla.

A xuventude de boa parte do plantel fixo que os  nervios atenazaran  as xogadoras costeiras e dificultaron en boa maneira o rendemento no partido.

O inicio do encontro estivo marcado polas imprecisións en ambos conxuntos. As costeiras non eran quen de facer o seu xogo debido a que se mostraron demasiado nerviosas durante a disputa do partido, incluso cando acadaban posicións claras para o gol.

Todo empeorou cando os sete minutos despois dun saque de esquina un lanzamento dende fora do área de María Carrobles adiantaba as locais, un mazazo para as visitantes.

Aínda así as costeiras nunca se renderon e tiveron as súas mellores ocasións a contra pero sen chegar o éxito.

Todo empeorou cando se chegaba o final da primeira metade , co gol da local Laura despois dun lanzamento que rozaba nunha xogadora costeira para desviar o balón e despistar a Leti.

Con dous a cero chegouse o tempo de lecer.

A segunda metade continuou co mesmo guión, pero co paso dos minutos as costeiras estaban cada vez  máis presionadas polo resultado e polas malas novas que chegaban dende Pontevedra.

E cando chegaban ocasións claras errábanse de maneira incomprensible, os nervios a veces xogan malas pasadas.

A falla de oito minutos debían arriscar as costeiras, solo valía a vitoria e tiraron do xogo de cinco. Pero non acadou o éxito o xogo en superioridade e incluso a pouco do final un roubo da local Clara permitiu que fixera a pracer o terceiro gol local. Un resultado co que se chegou o final do partido.

Agora a salvación do Fisober xogarase o vindeiro sábado en Vimianzo fronte o Alcorcón B, todo a unha carta e fronte a un rival moi forte, a vitoria da a salvación e de non ser así o descenso. Pero este equipo está acostumado o sufrimento, algo que ven demostrando durante toda a tempada  xa que a pesar de tódalas vicisitudes polas que pasa e pasou a bo seguro que o deixará todo na pista para tentalo.





No hay comentarios:

Publicar un comentario