lunes, 4 de mayo de 2015

Fisober B - Espartanas. 1-2.

LIGA PROVINCIAL

RESULTADO : FISOBER “B” F.S.F. – ESPARTANAS. 1-2.

FISOBER B : Paula Lema, Andrea Muíño, Tamara, Laura e Andrea Piroja ; tamén xogaron : Alejandra e Antía.


ESPARTANAS : Laura, Ana, Lara, Lupe , Rebeca ; tamén xogou : Marta.

ÁRBITRO : Julio de la Iglesia  , CRONO : María Rey.

GOLES : 1-0 Alejandra , ( descanso ) , 1-1 Ana , 1-2 Ana.

Partido correspondente a xornada 22 aprazado pola folga na Federación Galega que se disputou na mañá do venres no Pavillón de Baíñas.

Rachou a súa xeira de tres partidos sen perder o filial e volveu as andadas e a irregularidade que están a amosar perante toda a tempada, xa que xogou o ritmo e o xogo que quixeron as visitantes, incapaz de facerse co control do partido.

Chegaban os dous equipos xustos de efectivos  debido as  numerosas baixas para este partido aprazado.

O partido en si non tivo nada de especial, xa que caeu do lado do equipo que mellor aproveitou as poucas oportunidades que tivo o encontro.

Despois dunha primeira metade sen moitas ocasións, Alejandra ,que debido as baixas xogou todo o partido como xogadora de campo moito tempo despois, marcaba o cero a un para as locais a falla de cincuenta segundos para chegar o tempo de lecer.

A segunda metade seguiu co mesmo guión, sen un dominador claro e cheo de imprecisións. Pero sendas faltas na frontal foron aproveitadas por Ana   nos minutos oito e doce desta segunda metade para poñer en vantaxe as herculinas, algo que xa non abandonaron.

Tentaron igualar o partido as locais pero non foron quen. Incluso nos últimos catro minutos sacaron o xogo de cinco para acadalo aínda que  sen éxito.


A vindeira semana remata a Liga para o filial que terá que enfrontarse o campión Amarelle C e tamén xogar o aprazado fronte a C. A Meca herculino.

No hay comentarios:

Publicar un comentario