lunes, 25 de mayo de 2015

C.Provincial. Villa de Cee-Fisober B. 1-0.

COPA PROVINCIAL

RESULTADO : VILLA DE CEE F.S.F. – FISOBER “B” F.S.F. : 1-0.

VILLA DE CEE : Carla, Adriana, María de Dumbría, Alba e Andrea Romero ; tamén xogaron : Marta e María Lijó.

FISOBER B : Alejandra, Laura, Paula Fandiño, Nuriña e Andrea Muíño ; tamén xogaron : Antía, Tamara e Paula Lema.


ÁRBITRO : J. M. Carreira , CRONO : Berta García.

GOL: Con 0 a 0 chegouse o tempo de lecer , 1-0 Adriana.

Partido de volta correspondente a previa da Copa de Provincial, disputado no Pavillón de Brens na noite do venres.

O valor dobre dos goles en campo contrario  foi o que decidiu esta igualada eliminatoria.

Os dous equipos saltaron o campo bastante nerviosos concientes da importancia que ían a ter os pequenos detalles. O que provocou que o xogo non fora nada vistoso, cheo de imprecisións por ambos conxuntos.

Así foron pasando os minutos sen que o electrónico se movera. Pouco xogo pero si moita emoción xa que un gol podería darlle un troco a eliminatoria.

Co resultado de igualada a cero chegouse o tempo de lecer.

Na segunda metade nada cambiou e os nervios seguían a dominar as xogadoras e o xogo. O filial tivo as súas mellores ocasións nesta segunda metade. Unha clara ocasión para Tamara no que o seu lanzamento se foi lambendo o pau. E un lanzamento lonxano  de Paula Fandiño o longueiro.

Todo mudou cando a cinco minutos para o fin do partido unha falta na frontal supuña o un a cero para as locais cun lanzamento de Adriana.

Ese gol poñía en vantaxe as locatarias na eliminatoria polo valor dobre dos goles en campo contrario.Tocáballe remontar o filial.

A falla de dous minutos decidiuse o filial polo ataque de cinco na busca do gol que lles dera o pase. A ocasión máis clara que tiveron foi un novo lanzamento lonxano da infantil Paula Fandiño o longueiro. 
Pero non foron quen de lograr o gol que lles dera o pase.

Con este partido ponse fin a tempada do filial costeiro. Unha tempada na que mostrou a irregularidade típica destes conxuntos. Na que foi de menos a máis, acabando bastante ben a tempada e na que se viu bastante condicionado polas necesidades do primeiro equipo o cal lle prestou unha gran  axuda.


No hay comentarios:

Publicar un comentario