lunes, 11 de mayo de 2015

Fisober - Alcorcón B. 0-6.

SEGUNDA DIVISIÓN NACIONAL

RESULTADO : FISOBER F.S.F. – ALCORCÓN B :0-6.

FISOBER : Leti, Raquel, Ana, Noelia e Inés ; tamén xogou : Mai.


ALCORCÓN B :Marta, Aida, Leticia, Jessi i Elsa Echarri ; tamén xogaron : Sheila, Alba, Raquel, Sandra, Houda e Ana.

ÁRBITROS : Eduardo Corral e Pablo Fernández  , CRONO : Emilio Losada.

GOLES :0-1 Houda , ( descanso ) , 0-2 Leticia, 0-3 Houda, 0-4 Sheila, 0-5 Aida, 0-6 Jessi.

Partido disputado na tarde – noite do sábado no Pavillón de Vimianzo.

O Fisober non puido acadar a vitoria que lle dera a permanencia, co cal vese abocado o descenso de categoría. Cun Pavillón entregado e ateigado, que non deixou de animar en ningún momento ata o último segundo, e cun nutrido grupo de ex xogadoras e xogadoras do filial e inferiores, que se xuntaron ca Marea Nejra para animar Fisober.

O partido arrincou con dominio visitante, ante un Fisober que esperaba, solo podía contar con seis xogadoras e ca renqueante Myrella completando convocatoria. Dous equipos entregados e un ruidoso público animando dende a grada.

Chegaban as primeiras ocasións para ambos equipos as que respostaban as porteiras, Leti desfacía unha ocasión do Alcorcón e Inés topábase ca porteira visitante. Un gol podía ser chave.

E chegou para as madrileñas a falta de tres minutos para o tempo de lecer, foi Houda a que puxo en vantaxe as visitantes.

Aínda así non se renderon as costeiras, e unha dobre ocasión de Inés foi desbaratada de novo pola porteira visitante Marta. A sorte non estaba do lado local xa que na última xogada da primeira metade de novo aparecía Inés que mandaba o balón o pau xusto cando soaba a bocina.

A volta do tempo de lecer as locais debían remontar o partido xa cun notable esforzo sobre as súas pernas, pero eran os últimos 20 minutos da tempada e había que intentalo , sobre todo con esa incrible afección detrás.

Deron un paso adiante e tentaron subir liñas de presión. Os minutos pasaban , as forzas marchaban xunto cos minutos, e o gol que dera esperanzas non chegaba. Leti mantiña as súas no partido ante as perigosas chegadas visitantes.

A mellor ocasión local chegou a cargo de Noelia cun lanzamento ca dereita , pero a porteira visitante aparecía e volvía deixar ca mel nos beizos as locais.

Todo se esfumou a falta de oito minutos cando Leticia fixo o segundo gol  para as madrileñas. Foi unha lousa para as exiguas forzas locais, que agora xa necesitaban tres goles. Máis cando Houda facía o terceiro un minuto despois. E a falla de seis Sheila o cuarto.

Decidía o Fisober tirar de ataque de cinco a desesperada, xa xogando co corazón, pero non  deu resultado. Aida facía o quinto a tres para o final. Non deixaron de tentalo pese a todo, coma en toda a tempada as costeiras, deixando toda a súa enerxía na pista. A falta de cincuenta segundos  chegaba o sexto obra de Jessi.

Co pitido final aparecían as bágoas nas facianas das xogadoras do Fisober,  despois de tanto esforzo non foron quen de acadar a salvación. Unhas bágoas que se contaxiaron entre moitas das xogadoras de inferiores e do filial.  Iso si foron agradecerlle a súa afección que non as deixara de animar durante toda a tempada en especial  neste último partido.

Pero non se lle pode reprochar nada a este equipo, que loitou e deixou ata a última gota de suor nas pistas, a pesares das miles de dificultades polas  que pasou durante esta tempada, un plantel curto , con solo sete xogadoras do primeiro equipo, hai que engadirlle a praga de lesións que asolou o equipo. Na segunda volta solo un partido tivo as sete dispoñibles. Iso fixo que as xogadoras do filial tiveran oportunidades para debutar en categoría Nacional e axudaron da mellor maneira, poñendo o seu gran de area.

Dende aquí agradecer a todas esas persoas que se preocuparon e axudaron o Fisober F.S.F. durante esta difícil tempada, xeralizamos para non esquencernos de ninguén, mil grazas a tod@s vos.



No hay comentarios:

Publicar un comentario