lunes, 11 de mayo de 2015

Meca - Fisober B. 1-2.

LIGA PROVINCIAL

RESULTADO : CAFETERÍA LA MECA – FISOBER “B” F.S.F. :1-2.

MECA: Ainara, Paloma, Yesi, Eva Lago e Lara ; tamén xogou : Olalla.

FISOBER B : Alejandra, Nuriña, Laura, Andrea Piroja e Andrea Muíño ; tamén xogaron : Tamara, Antía e Paula Lema.


ÁRBITRO : Rubén García  , CRONO: Gerardo Pájaro.

GOLES:1-0 Lara , 1-1 Laura, ( descanso ), 1-2 Andrea Muíño.

Partido disputado na noite do venres no Pavillón de Vimianzo aprazado da xornada 22 ,  aínda que exercía como local Cafetería La Meca que ante a imposibilidade de atopar  pavillón en A Coruña  deu tódalas facilidades e visitou de novo Vimianzo. Dende o  Fisober F.S.F. agradecer novamente as facilidades dadas por Cafetería La Meca para a disputa deste partido.

E foi curioso xa que o único partido que ganou o filial en toda a tempada en Vimianzo foi no que exerceu como visitante, incluso utilizou os vestiarios visitantes, sería cousa de meigas ?

O partido estivo moi entretido e puido caer de calquera lado, aínda que as herculinas  pagaron o final a súa escasa rotación.

Xa no segundo minuto se adiantaban as herculinas cun gol de Lara que marcaba a pracer no segundo pau.

A altura que estamos de tempada, fixo que o partido se xogase sen un control claro e con ocasións en ambas porterías.

Cando se chegaba o último minuto da primeira metade unha xogada individual de Laura que definiu con tranquilidade ante Ainara, poñía a igualada no electrónico. Replicaron as herculinas cando a ex do Fisober mandaba o pau a poucos segundos do tempo de lecer.

A segunda metade seguiu co mesmo guión, con ocasión para ambos lados. Pero co paso dos minutos as herculinas comezaron a notar a falta de cambios.

 Iso foi aproveitado polo filial quen , nunha contra a cinco minutos para o final se poñía en vantaxe cun gol de Andrea Muíño, co que se chegou o final do partido.


No hay comentarios:

Publicar un comentario