lunes, 11 de mayo de 2015

Fisober B - Amarelle C. 1-7.

LIGA PROVINCIAL:

RESULTADO : FISOBER “B” F.S.F. – VIAXES AMARELLE “C” : 1-7

FISOBER B : Paula Lema, Andrea Muíño, Tamara, Laura e Antía ; tamén xogou : Nuriña.


AMARELLE C : Marta, Lía, Tati, Goretti e Paula ; tamén xogaron : Ana e Carlota.

ÁRBITRO : Mary Luz Mendoza  , CRONO: Emilio Losada.

GOLES:0-1 Paula, 0-2 Lía, 0-3 Lía, 0-4 Goretti, 0-5 Ana, ( descanso ) , 0-6 Tati, 0-7 Lía, 1-7 Andrea Muíño.

Partido disputado na tarde do sábado en Vimianzo na previa do partido de Segunda División, no que o campión o Viaxes Amarelle “C” gañou coa solvencia que amosou durante toda a Liga.

O filial do Fisober acudía moi mermado  polas baixas e tan solo dispuña de un cambio, aínda así deixouno todo sobre a pista.

O partido tivo pouca historia, as visitantes dominaban o partido e buscaban continuos aclarados para que Lía fixera o un para un. Así os seis minutos a visitante Paula adiantaba as súas a pase de Lía.

Aínda que seguían a dominar as visitantes, as locais defendíanse ben e así foron pasando os minutos. 
 As locais comezaron a notar o esforzo e nos últimos tres minutos da primeira parte recibiron catro 
goles que racharon o partido. Lía en dúas ocasións, Goretti de penalti discutido  e Ana puxeron o cero a cinco co que se chegou o tempo de lecer e terminaron de rachar o partido.

Na segunda metade non cambiou o guión, co dominio visitante, pero as do Amarelle foron baixando o ritmo o que igualou o partido. As locais seguían traballando ben en defensa.

Ata que a cinco minutos para o fin do partido Tati poñía o sexto. O sétimo que igualaba o resultado da primeira volta foi obra de novo da perigosa Lía a falta de dous minutos.


As locais tiñan ganas de despedir a Liga con algún gol e foi Andrea Muíño a que o logrou para o definitivo un a sete.

No hay comentarios:

Publicar un comentario