lunes, 18 de junio de 2012

Final do Campeontato de España.Villa-Alba vs Fisober. 8-2.


CAMPEONATO DE ESPAÑA : FINAL

RESULTADO : VILLA – ALBA  - FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO”. 8-2.

VILLA – ALBA : Isa, María, Mati, Vane e Carmen ; tamén xogaron : Ale e Irene.

FISOBER : Paula, Patri, Nuria, Ana e Barca ; tamén xogaron : Ylenia, Myrella, Noelia, Eva, Olalla e Alba.



Os árbitros foron Antonio Barrioluengo e Armando González e a mesa Berta García do colexio leonés.

GOLES : 1-0 Mati, 1-1 Ana, 2-1 María, 3-1 María ( descanso ) 4-1 Vane,5-1  María, 6-1 María,    7-1  Mati, 8-1 Irene, 8-2 Alba.

Non pudo ser para o Fisober na Final do Campeonato de España fronte o Villa-Alba de Albacete algo que non desmerece o enorme éxito das rapazas da Costa que gracias o temporadón que andan a facer e o seu título de Liga ganaron o billete para o Campeonato e  nel chegaron ata a Final. E aínda teñen pendente a Final da Copa Autonómica fronte o todopoderoso Leis Pontevedra, unha Final que parece que se xogará o vindeiro domingo na zona de Santiago. ( Domingo 24 as 18 horas en Bertamiráns parece ).

 Pode que o Fisoberacusara o enorme esforzo do día antes para chegar a Final cunha remontada in extremis ,xunto cun último minuto da primeira metade na que recibiu dous goles , ademáis dun rival albaceteño que era un equipo moi físico que se levou a maioría das disputas. Un Villa-Alba que foi merecidísimo campeón.


Xa no segundo minuto Mati a pracer facía o 1 a 0 despois dun pase de María. Tocáballe de novo remar contracorriente o Fisober como tantas veces nesta tempada. E os cinco minutos era Ana a que respostaba para as da Costa.

As de Villa-Alba buscaban unha e outra vez a súa capitana María que poñía unha e outra vez en apuros a unha moi inspirada Paula.

Mediada a primeira metade chegaron os minutos de Patri quen por dúas veces  non era quen de batir a unha tamén moi segura Isa.  E no ida e volta tocaballe de novo as albaceteñas que se atopaban con Paula primeiro foi María e despois foi Vane as que non puideron batila.

No minuto 13 tiña Villa-Alba unha clarísima  triple ocasión. Respondía tamén Barca cunha inmellorable opción de gol que non aproveitaba.


Así ata que a dous minutos para o fin unha presión das do Fisober en ataque remataba con Ana rebañando o balón para igualar o partido ante o despexe da porteira. E sólo un minuto despois un lanzamento de Nuria a piques estivo de poñer en vantaxe as da Costa.

Pero entrando no último minuto nunha xogada aínda máis estrambótica da que deu o gol  o Fisober a albaceteña María poñía de novo en vantaxe as súas. Unha vantaxe que incrementaría a mesma María a solo tres segundos para o fin da primeira metade aproveitando de novo un balón no borde do área.

E a volta dos vestiarios o cuarto para as albaceteñas por medio de Vane, un gol que foi xa unha lousa  imposible para a moral das do Fisober que en apenas un minuto con tempo de lecer de por medio apañaran tres goles.

As albaceteñas aproveitaban cada erro no pase ou no control das da Costa para que María puxese a proba unha e outra vez a unha enorme Eva que mantiña a flote como o fixera antes Paula as súas.


Eva moi atenta non deixaba que María que seguía a sumar ocasións  incrementase a súa conta e así aguantou o Fisober durante doce minutos. Polo medio deles algunha ocasión para as da Costa  aínda que poucas. Pero nin Nuria , nin Barca aproveitaron as máis claras.

Ata que a sete para o fin de novo María  facía o quinto e mataba definitivamente o partido. Unha María que facía o sexto nese mesmo minuto e Mati o sétimo solo un minuto despois.

A dous para o fin Irene marcaba o oitavo que foi contestado por Alba xa dentro do último minuto para facer o definitivo oito a dous.

Remataba o partido entre as bágoas das xogadoras da Costa despois de perder de maneira tan rotunda a Final do Campeonato de España, o cal non pode  desmerecer a excepcional e histórica  tempada que están a facer con título de Liga, subcampeonato de España e a presenza na Final de Copa Autonómica que se debe disputar a vindeira semana fronte o todopoderoso  Leis Pontevedra que ven de golear 12-2 o subcampeón de Liga o Mos nas semifinales.


Dende o Fisober queren agradecer de maneira especial o fisioterapeuta Manuel Mira Llopis pola axuda prestada as súas xogadoras durante este Campeonato. Tamén agradecer o esforzo dos siareiros que se desplazaron para calquera dos tres partidos e a xente que aínda que non se pudo desprazar seguiunas dende a distancia.

PARTIDO FRONTE O EMERITENSE.

PARTIDO FRONTE O BEREZI 99.

No hay comentarios:

Publicar un comentario