lunes, 11 de junio de 2012

Copa Autonómica.Fisober-F. Apóstol. 6-3.


RESULTADO : FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO” – FUNERARIA APÓSTOL. 6-3.

FISOBER : Paula, Patri, Nuria, Ana e Barca ; tamén xogaron : Olalla, Ylenia, Noelia, Eva, Myrella e Alba.



F. APÓSTOL : Nerea, Belén, Montse, Alba e Irene ; tamén xogaron : Carla, Cecilia e Ángela.

GOLES : 1-0 Nuria, 2-0 Barca, 2-1 Cecilia, 2-2 Montse, 3-2 Barca, 3-3 Irene, 4-3 Ana ( descanso ); 5-3 Barca , 6-3 Patri.

O Fisober  sigue a facer historia nesta inolvidable   tempada e na tarde do sábado clasificouse para a Final de Copa Autonómica ante un entregado e ateigado Pavillón de Vimianzo facendo valer o empate quetraia de Santiago. Unha final que aínda non ten data xa que o Fisober xogará ovindeiro fin de semana o Campeonato de España.


No que se refire o partido non pudo comenzar mellor para as da Costa xa que no primeiro minuto Nuria facía o un a cero dun dereitazo a saída dun saque de esquina.

No minuto tres unha combinación entre Ana e Barca rematou co lanzamento desta última o pau. Unha Barca que non erraría un minuto despois e con tranquilidade puxo o dous a cero.

Pero as visitantes lonxe de amilanarse os cinco minutos fixeron lucirse a Paula en dúas ocasións, primeiro a lanzamento de Belén e logo de Irene.

O toma e daca era constante e ningún dos dous equipos especulaba a pesares do resultado. Así chegou a resposta do Fisober por parte de Patri e Nuria.


As santiaguesas entraron de cheo no partido cando os seis minutos Cecilia marcou a pracer o dous a un. E máis aínda cando Montse facía o segundo para igualar o partido os oito minutos.

Nun partido sin pausa era a local Patri a que gozaba da súa opción a resposta visitante era de novo frenada pola meta local Paula. O partido era tolo e os catorce minutos de novo Barca era a máis lista e aproveitaba un lanzamento de Nuria o pau para colocar outra vez o Fisober en vantaxe.

Un gol que sólo tardou dous minutos o Fune en igualar desta vez por parte de Irene. E claro as locais non ían ser menos e nunha contra a dous para o fin , Ana axustou o seu lanzamento o pau para facer o catro a tres.


Aínda antes do tempo de lecer a meta local Paula tivo que aparecer unha vez máis e tamén vio como as do Fune malograban por medio de Belén un doble penalti.

Na segunda metade as cousas cambiaron o igual que no partido de ida e o Fisober controlou máis o partido. De novo eran as do Fisober as que pegaban de saída pero Patri non poido aproveitar a súa ocasión.

Os catro minutos as santiaguesas disfrutaron dunha falta indirecta por suposta cesión  moi protestada polas locais que se saldou sin consecuencias.

Cando transcurrían cinco minutos era Barca a que despois dunha serie de rexeites definía con serenidade para dar dous goles de vantaxe o Fisober. Unha Barca que lle adicou este gol a súa compañeira a lesionada Elsa.


As visitantes tiveron nos seguintes minutos os seus últimos achegamentos perigosos, pero ata en tres ocasións en tres minutos consecutivos apareceu  a porteira local Eva moi atenta e segura  frenando  o empuxe do Fune e non deixou que se voltaran a enchufar na eliminatoria.

Os últimos dez minutos foron unha sucesión de ocasións para o Fisober. Primeiro foi Barca a que quixo facer o cuarto na súa conta particular. Pouco despois foi un lanzamento de Nuria.

A sete para o fin tamén se quixo sumar a festa Alba pero non conseguiu o gol. A seis para o fin a última gran ocasión das visitantes por medio dun cabezazo de Irene despois dun saque de esquina que se foi fora.

O Fisober seguiu martelando a un conxunto visitante que xa non se sentía con forzas de dar a volta a eliminatoria e sufría o empuxe local. Nuria voltaba a probar sorte o igual que Patri que vía como unha xogadora sacaba o balón baixo paus.


Unha Patri que facía unha gran xogada para poñer  o sexto gol local e selar o pase para unha Final da Copa Autonómica  que aínda non ten lugar nin data xa que o Fisober xoga na Coruña o Campeonato de España o vindeiro fin de semana.

Pechouse así  este sábado a tempada como local do Fisober , na que conseguiu o inmellorable record de 15 victorias en 15 partidos como local  entre Liga e Copa. E a última derrota como local data de Febreiro do 2011 fronte o Cios Vigo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario