sábado, 16 de junio de 2012

Campeonato de España. Berezi 99 - Fisober.0-7.


CAMPEONATO DE ESPAÑA  : PARTIDO UN DO GRUPO B.

RESULTADO : BEREZI 99 – FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO “. 0-7.

BEREZI 99 : Ane, Saida, Vicky, Elma, Nerian ; tamén xogaron : Ana, Raquel, Joana, Iaione.

FISOBER : Paula, Patri, Nuria, Ana e Barca ; tamén xogaron : Noelia, Myrella, Ylenia, Olalla, Eva e Alba.



Javier García e Arian Santos foron os árbitros do colexio Castelán  leonés e o mesa Mario Martín do colexio extremeño.

GOLES : 0-1 Nuria, 0-2 Olalla, 0-3 Nuria, 0-4 Ana ( descanso ) 0-5 Patri, 0-6 Myrella, 0-7 Noelia.

Xogou este venres o Fisober o seu primeiro partido no Campeonato de España e ganou de maneira rotunda o campeón vasco  a pesar de que saltaron a pista algo nerviosas ante tan histórico partido para entidade.

A saída foi en tromba das da Costa e Ana tiña a primeira opción de gol no primeiro minuto e no minuto dous foi Patri a que tivo outra moi boa ocasión.


Pero as vascas ben colocadas atrás saían en perigosas contras, e así a súa mellor xogadora Vicky mandou o balón o pau da portería defendida por Paula poñendo o medo no corpo as da Costa.

A resposta do Fisober foi por parte de Nuria por dúas ocasións pero non conseguía o ansiado gol. E de novo Vicky se lanzaba nun contragolpe e de novo o pau salvaba o Fisober.

Os seis minutos era a xogadora do Fisober Patri a que se atopaba co pau. A cal seguiron ocasións de Ana e Barca. A pesares de ter  o Berezi pechado no seu campo non chegaba ese gol que abrira a lata.

E Vicky seguía asustando a contra aínda que cada vez menos.Pouco despois chegou un novo lanzamento de Patri o longueiro. E por fin no minuto 15 unha combinación de Patri e Nuria rematou co gol desta última que abriu a lata e fixo que o equipo vasco se viñera abaixo.

Barca case consigue o segundo pero a porteira Ane fixo un paradón. A quen non pudo parar foi a Olalla que despois dunha extraordinaria xogada individual defenía para o 2 a 0 nun auténtico golazo a catro para o fin.


As do Berezi quixeron dar un último zarpazo por medio de Vicky pero non conseguíu batir a Paula que a frenou por dúas ocasións.

Chegando o último minuto era Nuria a que consegúia o 3 a 0 . Pouco despois unha combinación entre Ana e Patri tivo preto o cuarto. O cal chegou a tres segundo para o fin cando Nuria lanzou o longueiro e no rexeita Ana aproveitou para facer o 4 a 0 de cara o tempo de lecer.

A segunda metade xa comenzou cun menor ritmo  pero os dous minutos Patri tiña unha ocasión. Unha Patri que despois dunha excelsa combinación do equipo en ataque facía o quinto despois dunha última parede con Barca.

Os minutos ían pasando co partido xa sentenciado e de novo as vascas se atopaban co pau esta vez foi Saida. A resposta do Fisober foi cun pase de Nuria o oco que tranformou Myrella para facer o 6 a 0.


E no minuto dez era Noelia a que facía o sétimo para as do Fisober. Unha Noelia que mandaba o pau sólo un minuto despois.  Pouco despois era Alba a que tiña unha  nova  oportunidade.

A seis para o fin era a vasca Saida quen despois de superar a Eva vía como Olalla salvaba o gol ata en dúas ocasións. Fisober buscaba aínda algún gol máis e foron Noelia e Olalla as que case o consiguen. Para rematar o partido cunha ocasión da mellor  xogadora do Berezi   Vicky , pero Noelia baixo paus  non permitiu que a porta do Fisober  fora perforada.


No hay comentarios:

Publicar un comentario