miércoles, 6 de junio de 2012

Liga de verán de Muxía.


Nota de prensa

Xa esta en marcha por terceiro ano consecutivo a Liga de Verán de fútbol sala que organiza o Concello de Muxía.


A inscripción é gratuita e o incio da competición esta previsto para o luns 18 de xuño, os partidos xogaranse de luns a venres ás 20:30 h e ás 21:30 h.

Idade : Maiores de 16 anos.

Ata o de agora xa están anotados equipos de Vimianzo, Baiñas, Mazaricos e Muxía

O ano pasado o campión foi O Cordobés (Muxía) que derroto na tanda de penaltis o Loureiro/Coral (Vimianzo) despois de rematar o partido con empate a 1 gol

O máximo goleador da liga foi Fran do Fisober con 23 goles anotados

O porteiro menos batido foron Santi e Simón do Clínica Sar con 16 goles encaixados


Tódolos equipos interesados poderan anotarse no teléfono 635436173

O prazo para inscribirse remata o mércores 13 de xuño.




Na do ano pasado :

Chegou o seu fin a II liga de fútbol sala de verán do Concello de Muxía, participaron un total de 10 equipos clasificándose para os playoffs polo título os 8 primeiros.

O Cordobés impuxose na final ó Loureiro-Coral na tanda de penaltis despois de chegar ó final do tempo regulamentario con empate a 1 gol. A primeira parte foi moi igualada adiantandose no marcador os de Vimianzo por medio de Paco ó transformar una falta a tan so 1 minuto para o final.

Xa na segunda parte a tónica foi a mesma, moito respeto por ámbolos dous equipos, ainda que os muxians do Cordobes tiveron que adiantar liñas para intentar igular o resultado, o empate chegou a 5 minutos para o remate do partido por medio de Jose o que supuxo que se chegara ó lanzamento dos penaltis donde a fortuna sonreiu ó equipo muxian.

O Cordobes para chegar á final tivo que desfacerse en cuartos do Fisober por 5-3 e en semifinais do P.Inferno-Barral por 4-1

Pola sua banda o Loureiro-Coral desfixose do Clínica Sar en cuartos ós penaltis e en semifinais derrotou ó Seguros Sanchiño por 3-2

O máximo goleador da liga foi Fran do Fisober con 23 goles anotados

O porteiro menos batido foi Santi e Simón do Clínica Sar con 16 goles encaixados

A organización quere resaltar a gran afluencia de público durante toda a Liga e agradecer ós árbitros Luis Sambad, Luis Romaní e Angel Conde a sua labor e tamen agradecer os equipos participantes o bo comportamento durante toda a Liga. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario