lunes, 4 de junio de 2012

Copa Autonómica. F. Apóstol - Fisober. 4-4.


RESULTADO : FUNERARIA APÓSTOL – FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO” : 4-4.

F. APÓSTOL : Nerea, Ángela, Belén, Montse, Alba ; tamén xogaron : Irene, Cecilia e Carla.

FISOBER : Paula, Patri, Nuria, Ana e Barca ; tamén xogaron : Noelia, Myrella, Olalla, Alba, Eva, Inés e Laura.



ÁRBITRO E MESA : Emilio Losada e Yayo Pájaro.

GOLES : 1-0 Alba, 1-1 Barca, 2-1 Belén, 3-1 Irene, 4-1 Irene, 4-2 Ana ( descanso ), 4-3 Nuria, 4-4 Patri.

Emocionante e vibrante partido de  ida das semifinales da Copa de Autonómica Femenina  o que se disputou o sábado en Santa Isabel, que transcurrío cun parcial  para cada equipo e que deixa as espadas en todo o alto para o partido de volta en Vimianzo do vindeiro sábado onde se decidirá cal dos dous equipos optará o título de Copa.

Que se enfrontaran os dous conxuntos máis goleadores na Liga, prevía un trepidante partido como así foi, baixo un abafante calor na pista.


Comenzaron moito mellor as locais, máis enchufadas o encontro  e así os catro minutos unha fulvurante contra remataba co gol da local Alba para poñer as súas por diante.

Pouco lles durou a ledicia xa que nunha xogada na que combinou a perfección o Fisober rematou co gol de Barca a pracer para devolver a igualada. Algo que foi un  acicate para as locais que , ben colocadas atrás ,salían en perigosas contras.

Os nove minutos tiña que ser Paula a que evitara que Alba puxese en vantaxe as locais. Unha Paula que non puido facer nada para que si o fixese Belén os dez minutos , e anotase o dous a un no electrónico.

As locais seguían o seu e saíndo como centellas, e de novo Paula tiña que atallar diante de Belén os doce minutos.


Pero a cinco para o fin deste periodo chegou o momento da local Irene, quen despois dunha extraordinaria xogada individual facía o terceiro gol despois de desfacerse de tódolas xogadoras do Fisober que lle saíron o paso. E nese mesmo minuto aproveitando o saque longo da súa porteira poñía o catro a un que poñía contra as cordas as da Costa.

Un par de minutos de descontrol, no que Paula axudou a que  o tanteador non se ampliara  e chegou o momento do Fisober.

Case entrando no último minuto unha boa  xogada das visitantes non era quen de finalizala Ana por pouco . Unha  Ana que si aproveitou un balón na frontal e cun sensacional  lanzamento poñía o catro a dous antes de chegar o tempo de lecer.

A segunda metade comenzou cunha contra das locais que aínda non se sabe como erraron casi sin oposición, fixeronse un lio na definición. Pero a partir de ahí case rematou o perigo local. E nas poucas veces que desperezaban atopábanse cunha moi atenta  Eva.


O Fisober tocou arrebato e foi acumulando ocasión , tras ocasión cada cal máis clara pero semellaba que  non era o día e non querían entrar.

Xa no minuto dous foi Patri a que fixo un lanzamento o pau. Seguiu o acoso total das visitantes, pero o gol que recurtara o resultado non chegaba. Os seis minutos era Barca a que erraba inexplicablemente o que parecía un gol cantado.

Comenzaba a desesperación visitante incrédulas por errar  tanta ocasión. Os oito minutos era Alba a que vía como o seu balón paseabase pola liña de gol , e os seus posteriores  remates topabanse cunha xogadora local.

Os doce minutos era Barca a que novamente lanzaba sin porteira  pero con   Montse baixo paus o balón dáballe no tacón e iase o pau e de novo non quería entrar. Parecía que unha forza externa evitaba os goles nesa portería.


Os trece minutos unha nova combinación do Fisober remataba co lanzamento de Patri que novamente se ía o pau, rexeitaba nunha xogadora local e caialle a Nuria que por fin conseguía o ansiado terceiro gol e rompía o maleficio.

Seguiu remando o Fisober e as ocasións seguían aparecendo  ahora xa na busca da igualada, a máis clara cun lanzamento de  Nuria pero o gol non chegaba.

E non foi ata a falta de 47 segundo cando despois de varios rexeites , un lanzamento de Barca,un rexeite e  o balón quedaba os pes de  Patri que fusilaba para facer xustiza e igualar o partido.

Este último minuto foi tolo xa que a 33 segundos para o fin  un lanzamento dende a frontal de  Patri era repelido polo pau. Na  contra desta xogada era Montse a que tiña unha inmellorable ocasión ante Eva. E aínda deu tempo para a réplica do Fisober para unha doble ocasión de Barca e Patri para finalizar o partido.


En definitiva un grandísimo partido , cunha metade para cada equipo o cal deixa a eliminatoria aberta para o enfrontamento  do vindeiro sábado as 20 horas  en Vimianzo onde  o Fisober ten a oportunidade de plantarse  na Final de Copa Autonómica por primeira vez na  curta  historia do clube ,co cal fai un chamamento para que o público se anime a acompañalas neste transcendental  partido.

No hay comentarios:

Publicar un comentario