domingo, 17 de junio de 2012

Campeonato de España.Fisober - Emeritense. 4-3.


CAMPEONATO DE ESPAÑA : PARTIDO DOUS DO GRUPO B.

RESULTADO : FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO “ – C.F. EMERITENSE . 4-3.

FISOBER : Paula, Patri, Nuria, Ana, Barca ; tamén xogaron : Noelia, Ylenia, Myrella, Eva, Olalla e Alba.



EMERITENSE : Bea, Elena, Laura, Anita, Paula ; tamén xogaron : Ele, Nuria, María e Lucía.

Os árbitros eran Carlos Giménez e Pablo Sorribes e o mesa J. Luís Rodríguez do colexio de Castellón.

GOLES : 0-1 Paula, 0-2 María, ( descanso ) 0-3 María , 1-3 Myrella, 2-3 Nuria, 3-3 Ana, 4-3 Barca.

O Fisober tivo que vir dende o inferno e remontar un 0 a 3 para chegar a Final do Campeonato de España, nun auténtico partidazo de ambos equipos, o mellor ata a data.

Salío o Fisober a por todas e no minuto dous xa Patri tiña a primeira ocasión. E os catro minutos era Barca a que non foi quen de marcar.

Pero as xogadoras extremeñas  moi ben colocadas atrás saían a contra como centellas e na primeira ocasión fixeron o 0 a 1 por medio de Paula os catro minutos.


Un resultado que as eliminaba xa que as da Costa necesitaban como mínimo un empate. Puxeronse mans a obra, e os seis minutos  foi de novo Barca quen non era capaz  de batir a unha inmensa Bea. E deseguido foi Ana a quen non foi capaz.

E claro quen perdoa paga e na segunda saída as emeritenses aproveitárona de novo por parte de María para facer o 0 a 2. E case consiguen o terceiro nunha loita de Paula´s que ganou a porteira do Fisober.

Chegábase a media parte  e Nuria lanzaba pero atopábase con Bea de novo. E pouco despois foi Noelia quen lanzaba o pau pero o balón seguía sin querer entrar.

As extremeñas seguían defendendose de maneira extraordinaria e salindo a contra de forma punzante e desta vez era Anita quen facía lucirse a Paula. O partido non  defraudaba, e Nuria non era capaz de marcar.


Pero o C.F. Emeritense tiña aínda tiña unha última opción antes do tempo lecer por mediación de María.

Entraba na segunda metade o Fisober ca necesidade de facer dous goles, e Nuria era o seu estilete pero ata en tres ocasións se atopaba con Bea. E cando mellor estaban a xogar as da Costa de novo  unha contra das extremeñas os cinco minutos remataba cun gol de María que facía o 0 a 3 e unha lousa na moral do Fisober.

Chegaron os peores momentos para as da Costa, e a emeritense Lucía mandaba o pau pouco despois. Momentos nos que tivo que aparecer Eva para manter con vida o Fisober.

E cando xa parecía todo perdido chegou o espectacular gol de Myrella de tacón para voltar dar aire as súas. Maís aínda cando un forte lanzamento de Nuria poñía o 2 a 3 e máis leña o fogo. O Fisober quedábase a un gol da Final e tocou arrebato.

Pero claro tanto risco tiña as súas consecuencias e facía que Nuria tivera que frenar unha contra cun agarrón como xa fixera minutos antes  o que lle valeu o segundo cartón amarelo.


Aínda así as da Costa non se rendían e  da man de Patri tiveron dúas moi boas ocasións pero o gol non quería entrar.

Ata que unha xogada das típicas  do Fisober rematou co gol de Ana e co delirio do banquillo e afección, cando sólo quedaban dous minutos para o fin. Un gol que supoñía a clasificación das da Costa para a final.

Co cal as extremeñas arriscaron ca porteira – xogadora , aínda que non puxeron en apuros as do Fisober. Primeiro Eva para o Fisober , dende propia portería probaba pero o seu lanzamento foise lamendo o pau.
E no último segundo era Barca a que marcaba o 4 a 3 e vía como todas as súas compañeiras se lanzaban cara a ela para celebrar o pase a final despois de un auténtico partidazo por ambos equipos.


Dende o clube agradecer a colaboración do fisioterapeuta Manuel Mira Llopis que atendeu as xogadoras do Fisober tanto antes como despois do partido.

No hay comentarios:

Publicar un comentario