viernes, 1 de junio de 2012

A lista !


Vou facer unha pequena reflexión sobre a lista de Del Bosque, hai que facer as críticas con anterioridade non según vaia o vento. Eu son dos que penso que debes levar xente descansada e en forma, pero tamén que hai galóns que hai que respetar  xunto ca experiencia nestas guerras  nas grandes competicións vivense partidos especiales , non todos se viron nesta situación.



A min en realidade gústame, máis alá duns pequenos detalles penso que é a ideal. Ademáis as lesións e o lamentable estado en que chegan os xogadores do Athetic de Bilbao, pois cortou opcións.
Na portería non hai dúbidas, Casillas e Valdes fixos e o bo ambiente que leva Reina pois habilitao para a lista.

Na defensa, Arbeloa, Piqué, Ramos, Jordi Alba parecían fixos. Javi Martínez por galóns xa que chegou fundido o final de tempada. Os que non teñen todo o apoio popular son Albiol , para min está ben levado, está fresco e non vexo outro central mellor para levar, si algún o ve que mo diga. Con Juanfran xa non o teño tan claro pero a lesión de Iraola doulle praza e entre el e Monreal pois Del Bosque elexiuno a el. A min Juanfran non me convence,  a min gústame máis Monreal pero tamén penso que Del Bosque vio que Ramos é o único central rápido que ten e prefire un lateral dereito suplente a un esquerdo, co cal váleme a opción e con esto a lista de defensas. En España en defensa hai poucas opcións. Non sei como andará Azpilicueta para o lateral dereito e centrais pois non hai.

No mediocampo, Alonso, Xavi, Busquets, Iniesta, Cazorla intocables, Cesc vai por galóns xa que está tamén lamentable, aquí nos  amigables apareceu Beñat que sorprendio a todos , a min en particular era un xogador do que oira falar pero apenas o vin xogar, andivo xenial, unha pena que se quede fora da lista. Pero non é o mismo xogar contra Corea nun amigable que con Italia nun Europeo, aínda que todos recordamos o grandísimo comportamento do inexperto Cazorla no 2008, deume esa impresión.


Para as alas Navas, Pedro, Silva e Mata. Parece que solo Pedro era dubidoso, pero creo que chega fresco e en forma , asi que totalmente válido, algo similar pasa con Navas. Meses atrás Muniaín estaba como unha moto pero ahora xa non. Casos similares serían os de De Marcos ou  Susaeta, para min totalmente correcto, xa que a Adrián colocabao arriba.

No posto de dianteiro Llorente non sembra dúbidas pero tamén chega asfixiado, Torres para min tampouco sin Villa temos que levar un dianteiro con experiencia ademáis chega fresquiño e penso que en forma. E para min o único erro da lista de Del Bosque, xa que como dixen Cesc debe ir por galóns e  na defensa hai poucas opcións , chamase Negredo pensó que Adrián cumple o perfil de Villa a perfección, non hai un xogador máis parecido a día de hoxe para caerse a banda esquerda e buscar o centro. Pero Del  Bosque preferio a Negredo , un dianteiro máis tanque. Un mister campeón do mundo merece o beneficio da dúbida, el sabe o que lle fai falta.

En definitiva confianza total no equipo e en Del Bosque, a pesar que un servidor sempre foi moi crítico con el na etapa do Real Madrid penso que é a persona ideal para levar este tipo de grupos – egos como se comproba día a día algo bastante difícil, un equipo  que chega bastante cansado na súa maioría pero é o que ten unha temporada tan longa  e a ver si os que chegan frescos nos levan a un novo título.

No hay comentarios:

Publicar un comentario