jueves, 21 de junio de 2012

Previa da Final de Copa Autonómica.

O pavillón de Bertamiráns as 18 horas do domingo 24 de Xuño será o escenario do último partido oficial nesta tempada para o Fisober. Alí enfrontarase o Leis Pontevedra na Final de Copa Autonómica.





O rival o Leis Pontevedra rematou 3º clasificado na Liga Autonómica pero xa informou que para este partido alineará a xogadoras habituais do equipo de Segunda División na que rematou en 4ª posición. Proba desto é que nas semifinais ganaron por 0 a 3 en Mos e por 12 a 2 en Pontevedra, fronte a un Mos que foi subcampeón de Liga Autonómica.




Nos enfrontamentos de Liga deste ano os resultados foron de victoria do Leis por 4 a 3 no partido disputado en Pontevedra. E victoria para as da Costa por 4 a 2 no partido que se disputou en Muxía. Nos partidos disputados a tempada pasada o Leis ganou os dous partidos. En Pontevedra por 6 a 4 , e no partido disputado en Dumbría por 5 a 8.


Os adestradores do Fisober siguen sin poder contar con Elsa que continúa recuperandose da súa lesión. Pero en principio contarán co resto do plantel. As porteiras Eva e Paula e as xogadoras de campo Patri, Ylenia, Nuria, Ana, Olalla, Noelia, Barca, Alba e Myrella.


Difícil misión para as da Costa nesta Final pero a bo seguro irán con toda a ilusión de dar a sorpresa e darlle unha última alegría os seus siareiros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario