jueves, 7 de junio de 2012

Previa do Fisober - F. Apóstol.


Dende o Fisober envianos a previa do partido de volta das semifinales de Copa que os enfrenta o F. Apóstol.



A tempada esta chegando ó final, e este será un fin de semana clave para as aspiracións do Fisober de chegar a final da Copa de Galicia. Unha vitoria ou un empate a menos de 4 goles certificarían o pase do equipo vimiancés.

O partido preséntase moi igualado, con dous equipos moi similares e no que os enfrontamentos directos esta tempada saldáronse con duas vitorias pola mínima do Fisober e un empate a 4 goles no partido de ida.

Os adestradores locales contaran ca totalidade da plantilla a excepción de Elsa que se lesionou no derradeiro partido de Liga.


O apoio do público será de novo fundamental para que as rapazas da Costa da Morte alcancen a final por primeira vez na súa historia.

Fisober C.Vimianzo vs Funeraria Apóstol (Santiago)

Pavillón Municipal de Vimianzo

Sábado 9 de xuño ás 20:00 horas




No hay comentarios:

Publicar un comentario