sábado, 23 de julio de 2011

Muxía C. F. , padecer ou desaparecer ?

Máis que negro se presenta o panorama do equipo modesto do Muxía C.F. para a tempada que asoma no horizonte 2011/12.



Un clube non pode sustentar en solo tres directivos e ese é o gran problema do Muxía, que o pobo non se implica co clube de fútbol. Non hai máis que ver que tempada a tempada o número de siareiros na Arliña vai disminuino. O fútbol voltou a Arliña na 2000/01, unha tempada que tivo moi boa aceptación de presenza de siareiros no campo, sobre todo alentada pola consecución do título en categoría xuvenil, e os anos de negra sombra sin fútbol.

Despois deso a presenza foi baixando ano a ano, aínda que na tempada 2003/04 a do ascenso de record con Manín tivo en partidos puntuales boas entradas e na seguinte na 2004/05 tivo partidos cos grandes como o do Dumbría ou o do Soneira con boísimas entradas pero seguían sendo  puntuales. Domingo a domingo eso foi baixando e baixando. Cabe destacar que posiblemente houbera máis siareiros no campo no partido de vella glorias  para recadar fondos para a festa de San Roque no que se voltaron a vestir de corto os Manolo de Romaní, Papi, Paco de Pioto, Felipe, Leiviña ………….que sumando todas as entradas desta tempada en Terceira.

E si o pobo lle da a espalda o fútbol tres directivos por moi boas intencións que teñan nada se vai facer, o fútbol non da votos! Por moito que os diferentes gobernos locais, sexan da cor que sexan , falaran  de proxectos faraónicos e presumirán  de querer ser o novo Dumbría eso non se consigue  ca palabra e en dous días, eso consiguese con estructura e moito traballo e de moitas persoas.


Porque ser directivo no Muxía e nos equipos da Costa o que da é dores de cabeza, preocupacións e moitos, moitos insabores, aínda por encima ben seguro aturar a xente que che critique e maldiga, na maioría das veces sin pisar a Arliña en todo o ano.Teñen moito mérito.

Para este ano o Corcubión levase  a David, Papi e Josiño, quizáis tamén a Sancho , que seguro que non xogará no Muxía eso si. Chori e Álvaro colgan as botas. Dimás Leivinha, Iván Chans e Jose Antonio dubido moito que sigan nestas condicións e de seguro que algún máis se une o carro. Sumados os que xa andan por Camariñas e outros lares. Deixa a confección do plantel en baixo mínimos.

Por eso me pregunto si nestas condicións debe tomar a saída o clube en Terceira Rexional. Pode ou debe ser o Muxía un equipo que deambule pola categoría e competindo co Xaviña e o Camelle por non ser o faroliño vermello, recordamos que este ano do 3 o 6 xogan play off o estilo da Liga Adelante do fútbol profesional, lonxe andara deses postos o Muxía. E non solo eso, vai quedar  máis que posiblemente en mans de xogadores que si algo demostraron con anterioridade a súa falta de compromiso e que abandonaron o que o tema foi mal. O tema primordial  xa que máis ala do resultado que importa pero non é vital pode ser a imaxe, eso si é vital. Supoño que con moito modesto de primeiro ou segundo ano e sen case veteranos e os que o serán algo sen apenas minutos  no fútbol da Costa. Igual equivocome e me sorprenden gratamente, oxalá pero vexo realmente difícil. Non querería andar na pel do adestrador Jesús María.


Muxía non é Louro que nos últimos anos amosou moita seriedade ante a presión dos xogadores. Unha tempada cando os xuveniles se negaron a xogar co primeiro equipo, que solo querían xogar abaixo, pois a directiva dou de baixa o equipo e así os que quixeron xogaron en modestos e os outros foronse para a súa casa que é o que fan os rapaces de ahora o rematar a categoría xuvenil . Ou que ante o motín con Nieto de varios do galácticos, apoiaron o adestrador e co compromiso de todos lonxe de empeorar o equipo mellorou a límites insospeitados. Si eso fora posible en Muxía, adiante! pero vexo compricado. Tamén poden pensar que para os que vamos o fútbol tanto da, e funcionar estilo Liga de Peñas e xa está.

Pode ser, o meu parecer quizáis sexa máis beneficioso un ano ou dous sin modestos, para logo voltar con máis forza que deambular e penar, pero como eu non vou coller o clube nin moito menos so me limito a dar unha opinión sobre un tema que empeza a estar na rúa, a falar por non estar calado.
 Eso si , si hai directiva e teñen xente as categorías inferiores serían sagradas, porqué a pesares de moitos país estas categorías non deben desaparecer, son o futuro. Atá infantiles xa os leva o Concello así que non debería de ter problemas, parece que esta ano van tentar facer cadetes, co cal ben por eles. Os xuveniles si teñen xente tamén. O problema nesta categoría e que o Dumbría atopou un filón neste concello e a xente non sobra. O Cabana no seu día non sacou equipo de modestos pero continuou cas categorías de abaixo e bos frutos que lles dan, sempre roldando os postos de cabeza e co ansiado ascenso a Liga Galega  Xuvenil  fai tres anos.


Padecer ou desaparecer esa é a cuestión, o ano vai a ser moi duro e aínda non comenzou.

P.D. : O proxecto do fútbol en Dumbría naceu cando entrou a ESO na educación  e como os nenos de Dumbría  quedaban sin instituto para ter que facela en Cee o pobo movilizouse. Pero cando despois de chamar a un periódico e lle preguntaron a Pequeño onde esta Dumbría , o seu equipo en que Liga xoga, foi cando decidiron facer un equipo, e cada vez máis deportes e máis expansión do nome de Dumbría, seguro que ahora si saben por onde andan os seus equipos. As formas poden ser máis ou menos entendidas pero o que esta claro é que a estructura funciona.

Fotogalerías do Muxía e outros equipos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario