martes, 5 de julio de 2011

Go out, vamos saíndo !

Xa non anda Valdano polo clube, que era o que levaba todalas culpas antes, pero o Real Madrid sigue co problema de sempre, nadie se quere ir.


Porque chegar o Real Madrid é moi bonito, e a vida no clube debe de selo aínda máis. Ese soldo, esas primas, Madrid, a prensa, as terraciñas, os locales de moda, as mulleres que se colgan,fama, prensa, notoriedade  …………… Cambiar eso é moi difícil e por eso nadie se quere ir. Claro os que son fáciles de colocar son os canteiráns como Sarabia que se vai para Xetafe, e moitos outros do Castilla que contan con innumerables  ofertas. Os seus soldos e a relación calidade – prezo fanos moi apeticibles, a ver si dunha vez despois cando voltan confiamos neles e non os utilizamos como moeda de cambio. Porque subilos sin máis xa o damos por imposible, gusta máis fichar fora. Comentao moitas veces o ex Álvaro Benito, que non te dabas de conta que igual é mellor saír para voltar con máis forza, pero o Real Madrid impresiona, nubla a mente e é unha oportunidade única a cal non  queres renunciar, aínda que te esteas a equivocar.

Pero a día de hoxe sobranlle a Mou catro pezas, que serían cinco ou seis si se ficha a Coentrao e o desexado dianteiro, as cales parece que ten elexidas pero non se dan ido. A normativa UEFA  obriga os clubes a contar con oito nacionais, catro deles canteirans, o que fai que Casillas, Adán, Arbeloa, Granero, Ramos, Alonso, Albiol sexan case intocables e despois de Callejón e o terceiro porteiro que virá da canteira, polo menos un debe quedarse.

O primeiro que se tiña que ir é un que nunca debeu chegar como é o arxentino Gago, nunca foi do meu gusto e nunca o será, por favor que se vaia xa, non o quero nin regalado.

Os outros dous que ten na lista negra Mou son os nacionais Canales e Pedro León. O cántabro quere que se vaia cedido, foi unha pena o seu ano na capital, un servidor confiaba moito nel, pero tivo poucas oportunidades e perdeu a esperanza, esperemos que volte para triunfar no Real Madrid o igual que Pablo Sarabia que non lle ten nada que envidiar, penso.

Pedro León, outro que fixo unha estupenda pretempada e despois desapareceu, con lios con Mou incluidos, eu tamén confiaba moito nel , pero non callou co mister portugués, algo débil de mente parece, pero  quizáis Mou pagounas todas con el,rumorean porque era un fichaxe de Valdano. Non creo que Altintop mellore os dous anteriores e diferente, pero eu son moi crítico con este tipo de fichaxes por moito que veñan libres. Sahim si que me gusta, pero outro día falaremos do tema.

Mateos parece un xogador fácil de colocar o estilo dos do filial, barato e con pouco soldo non debería ter problemas en marchar.


Despois Garay parece outro que non conta moito para o técnico e de non ser el podería ser o recente fichado Varane o que sairía pero mostraría desconfianza cara o novo “amigo” de Mou o grande Zidane e supoñemos que o que collera porta será Garay incluso na operación Coentrao.

O sexto será Drenthe que tampouco conta para Mou e parece que non o quere ver diante, pero coma todos aínda non foron capaces de colocalo. Tamén sonou para a operación Coentrao.

Si se vai Lass, penso que Mou pedirá outro xogador do estilo. Granero, Albiol e Callejón ( din os rumores que a pesares de que o técnico o pediu se non lle gusta na pretempada podería partir de novo ) de momento salvanse por nacionais, que senón igual outro galo cantaría.

Caso aparte é Kaká que tamén parece que non estarían do todo descontentos si se fora, pero sería aceptar que Florentino errou, polo que a súa saída non pode ser a calquer prezo, en defenitiva quedarase mal que lle pese a Mou.

Artículos relacionados :


As estrelas do Castilla. Parece que o Marca nos copia e tamén se pregunta polo seu destino.


No hay comentarios:

Publicar un comentario