Comezamos falando de Mesut o noso ollomol particular, aquí podemos dicir que un quince de setembro de 2010 vimos cun par de amigos o seu debut en Champions no Bernabéu ca camisola do Real Madrid con aquel 23 a espalda que levou o primeiro ano de branco. Partido onde por certo deu unha asistencia ao Pipa, aínda que o que seguro que todos recordades foi a volta en Holanda cun 0-4 a prol dos madridistas e as auto-expulsións de Xabi e Ramos que puxeron a Mou no ollo do furacán.
Con Mesut tiñamos unha especie de Guti, un xogador xenial, pero con pinta de festeiro( dicían que tiña un charter preparado cada semana London-Moscú para facer certas cousas, de Madrid non lle faría tanto xeito, nos audios de Flo dicían que tiña outro charter a Milán) . Un xogador que estivo os tres anos de Mou e aínda que parecería que acabaron mal, fala bastante ben do portugués. Tan xenial que era que según lin é o xogador que máis asistencias de gol deu a CR, algo que non é fácil.
Un xogador dos que sempre rendía ben contra o Barça, aquel Barça dos clásicos raros do primeiro ano e os seguintes cando pasou a lucir o 10 na súa espalda. De feito unha recompilación de xogadas solo vs os cataláns que amosan o importante que foi nos clásicos, un crack. Mítico o pase a Cris na Liga dos records no gol no Campo Novo ou nun trallazo a escadra en Copa, naquel partido que os comemos vivos e se nos foi por pouco. Un ano despois en Copa si que axudou tamén o resultado.
Unha pena porque non foi quen de gañar a Champions e posiblemente fora o mellor do mítico día dos penals fronte ao Bayern. Un xogador que funcionou en tempos duros.
E foi moi triste para nos cando se foi, pero claro cinco Champions despois parece que o que se equivocou foi o noso ollomoliño, creo que el reconoceu ao elexir a camisola do Madrid para a súa carta de despedida, dicindo que chorou cando se foi pero sempre recordaremos a Mesut. Incluso esta semana Van Gol tamén dixo que marchar do Madrid fora un erro.
A retirada de Özil trouxonos a mente a de Bale fai uns meses. Gareth o noso golfista, sempre foi do agrado deste blog ao igual ca Lukita, pedímolos dende o primeiro día.
Gareth foi de máis a menos vestido de branco, pero non deixa de ser un xogador chave nesta xeira de Champions, ao que a xente recordará pola carreira con Bartra e a chilena de Kiev pero foi moito máis. Velocidade, gol, desborde.... pensábamos que ía ser o novo Cristiano, foi un crack pero non chegou a onde esperabamos. Para ser un herniado non o fixo mal. Incluso nolo quixeron comparar con Hazard, en fin.
Queimado pola prensa ( que si golfista, hernia......) e que falaba castelán na intimidade parece ser, coma Aznar co catalán. Debeu irse trala final de Kiev coma Cr ,a todos nos iría mellor , a bo seguro terían moitos un recordo oziliano del.
O seu primeiro ano trouxo a Copa co mítico gol na que lle saltaron os pistóns a Bartra, por certo non fixo un bo partido pero no que tanto el coma o equipo tiveron numerosas ocasións, e gol na Décima. Moi importante o ano da Undécima, con gol en semis e o penalti na tanda, posiblemente esa tempada 15/16 na que mellor nivel deu, aquela na do mítico gol anulado no Campo Novo.
No ano do dobrete e a Duodécima, posiblemente o mellor ano de fútbol branco que disfrutou un servidor xunto cos anos da Quinta e o do ano II de Mou con Mesut por certo, a lesión a final de tempada e a aparición de Isco foi o principio do seu fin.
Os seus dous goles en Kiev con chilena incluida trouxeron a trece pero como dixemos ese día debeu rematar todo.
A primeira marcha de Zizou e a chegada de Lopetegui parecían darlle unha nova vida, pero xa nada foi igual.
O resto do conto xa nin nos nosos recordos está con cesión a súa outra casa incluida. A segunda saída do Chamán e a chegada de Carlo deulle un bonus pero xa nada quedou ata a súa despedida con Isco curiosamente, o home que lle privou a titularidade na doce e na súa casa. Na liga do Covid tamén axudou algo, incluso lle anularon outro gol a base de frames no Campo Novo a pase de Mendy.A catorce tamén vai no seu lombo por pouco que fixera.
Moitas máis cousas poderíamos dicir do ollomol e o golfista pero solo queríamos deixar constancia do ben que lle queríamos e sempre estarán no noso recordo vestidos de branco. Sempre con cariño para ollomol e golfista.
No hay comentarios:
Publicar un comentario