jueves, 17 de abril de 2014

Cazando mitos.

Non sei por onde empezar, pola noite na cama miles de ideas e palabras viñan a miña mente, unha vez ante o ordenador parece que marcharon todas cara un lugar lonxe destas catro paredes. Todo se resume en cazar mitos e triturar rivais, para iso foi creado o Real Madrid.


Que queredes que vos diga, fai semanas incluso meses que veño dicindo que o actual Barça é moi ganable. Incluso máis para o Real Madrid. Un equipo en descomposición que vive feliz no seu mundo como contei “na lenda dos inventores do fútbol”,fai anos que necesitan un central e ano tras ano cada vez máis pezas, alá eles.

En cambio quédanse con como dixo onte Xavi : “ o resultado impostor”, ou como dixo no Calderón : “terei que ver o partido repetido para dicir se merecemos perder” o que se xuntou  Bartra co “chegaron dúas veces” ou “a posesión foi nosa” , pero estes tíos que clase de partido ven, Masía conection . Eses son os seus valors e o  que inculcan, non hai con quen falar nin con eles nin cos seus siareiros , os inventores do fútbol nada máis. Son igual cos outros , choran coma todos, pero finamente que queda mellor. "Quedaben " que se di por aquí.  Alves que tanto fala sempre, tiroulle o balón con cariño a Luka. Teñen vos mimbres para a reconstrución pero necesitan unha nova revolución.

Non se confundan, a Copa é o terceiro título e carece de importancia para min e penso que para o Real Madrid. A importancia ven a razón de que foi ganada o Barça, algo que tiña que pasar a pouco que se fixeran as cousas ben, por iso me cabreou tantoperder en Liga, competición que tiramos por certo.

A importancia que lle dei reflexa que non tomei nin unha simple caña para celebralo, tres anos antes si que nos enfrontamos a un equipo, esa foi unha verdadeira Final e recibiu unha celebración maior por suposto. Debemos golear e case nos limpan a Final tirando dous tiros, Bartra que os dos dous tiros fostes vos amigacho.

Un Real Madrid fundido físicamente, sen a súa máxima estrela, ganou fácil en sensacións non en resultado  penso eu o Barça, e deixou unha bomba no seu vestiario pendente de estoupar. Pena de máis goles, pena de non facelo en Liga como debemos, buff  levarían un mes cheo de portadas. Está caendo un mito ?

Como se logrou pois moi fácil, facendo as cousas ben:
-   
  •        Mellorou e moito a actitude, creo que todos ou a maioría de balóns divididos foron nosos.
  • -   
  •        Liña de presión a súa saída de balón e se nos superaban , pois liñas xuntas e repregar.
  • -
  •         Saír coma motos cada vez que recuperamos.


Bastante simple, pero difícil de que os xogadores o cumpran. Mutamos o noso 4-3-3 a un 4-4-2 cun traballo xeneroso de Isco e Di María, non tanto dos dous de arriba Bale e Benzema máis liberados polo sistema e por Carlo espero para saír a contra, esa axuda dos interiores  foi chave. Parece que algo aprendemos do Bernabéu e Dormund.

Isco e Carvajal tan criticados por min , foron os meus dous homes da Final, traballo defensivo e ofensivo, gran crecemento dos chavales, pido desculpas non me queda outra. Mérito de Carlo e o seu equipo de traballo.

Casillas ten anxo quedou demostrado novamente, a súa presenza asusta, desculpas tamén. Pero non vou ser eu o que quite méritos a Diego López.

A min Bale non me gustou na Final, quitemos o gol do análise,  que queredes que vos diga, aínda non se aclimatou e leva uns números tremendos, espectaculares, asustan pero sigue sen entrar en dinámica, unha pequena illa “a wonderfull island by the way”  . Para o ano facendo a pretempada ben e cun pouco de sorte, moito ollo. Onte empezou a amortizar o seu fichaxe e a curar a hernia.  Sempre dixen que este xogador vai ser o futuro do Real Madrid, que vou dicir del, a pena foi que se cargou a  Özil.

O gran erro, marcounos o Barça a balón parado, e o sempre meu os minutos mal repartidos que custan títulos. Sen Cristiano, Isco foi importante, hai que ter a xente posta no allo, algo que nunca aprendemos. Isco roubou e salio , libre en ataque entregado en defensa.

Señores  e señoras a  Final de Copa foi un adestramento para o que realmente importa, o Bayern, que xoga a unha velocidade maior co Barça e se fai falta tiran de fora do área , que non lles da medo. Se xogamos ben nosas bazas creo que é posible, pero dende o traballo, a actitude………. e con Cristiano. Vamos a por outro mito o Bayern de Pep, morrer matando ?

O idioma oficial do Real Madrid é triturar rivais ! , queremos e debemos volver a ser iso. A Champions dictará sentencia  , despoisde tirar ca Liga.

 O fútbol cambia nunha semana e si o Bayern nos pasa por encima de nada valerá isto, se conseguimos a Décima sería unha Bomba Nuclear en casa axena, pero se nos humilla o Bayern teremos que chamar nos os “artificieros”. Fai dous anos chegábamos mellor pero …….



No hay comentarios:

Publicar un comentario