Como ven sabedes ou non o banco da "lonja" sempre foi un lugar de xuntanza e coñecemento, de historias e contos, de verdades e mentiras. Un lugar de boas intencións, un sitio de coñecemento e de respeto, un lugar de patrimonio excepcional, fráxil e relacionado ca memoria dos nosos maiores. Dende aquí vamos con esta nova sección intentar coidalo.
Así de vez en cando vamos sacar eses contos futbolísticos que alí se contaban e que queden aquí impresos na memoria. No blog vamos tirar de cousas sobre o fútbol do Muxía e do Madrid, pero quen sabe si sale algo interesante podemos tirar por outros mares. Por certo calquera que coñeza historias interesantes pode axudarnos.
Hoxe tócalle a dous árbitros, o primeiro vai ser Raúl García de Loza, famoso para o madridismo por dúas grandes polémicas como a final de Copa do Rei de 1990 e pola "final" de liga de Tenerife de 1992, pero non viñemos a falar deso, viñemos a falar de cousas relacionadas con Muxía neste caso.
A súa amizade co avogado muxián Manolo Martín trouxo a Muxía en infinidade de ocasións, sendo o colexiado en numerosas edicións do Trofeo que leva o seu nome. Ademais o traballo da muller fixo que fora residente costeiro durante algún que outro ano o que o fixo moi coñecido sobre todo por Cee, din os nosos maiores que residía alí porque a muller traballaba en Corcubión.
Resulta que a pesar de que todos pensabamos que era coruñés, non é lucense. Pero o que poucos igual coñecedes según nos contan os habitantes do banco é que parece ser que foi directivo do Muxía no seu día para poder participar nas eleccións a Federación Galega de Fútbol, eles din que quería ser presidente da mesma será verdade isto ou será cousa dos nosos maiores da "lonja", pois non o sabemos pero eche un conto curioso.
O que si sabemos é que sempre foi un namorado ver os partidos na Arliña. Sempre lle pareceu un campo maravilloso polas súas espectaculares vistas, a quen non por certo.
Todo un García de Loza pasando dos grandes campos a Arliña.
A nosa segunda protagonista do día é Yolanda Parga, a coruñesa é a xefa do arbitraxe feminino, famosa tamén nos últimos días por estar casada con Megía Dávila.
Pero o que poucos coñecen seguro según nos contan os nosos maiores do banco da "lonja" é que era habitual vela arbitrando na Arliña nos seus inicios no arbitraxe. Eles din que a razón pola que viña tanto a Muxía é que o seu pai era o xefe dos árbitros no comité de A Coruña e levábase ben con Richard o que era daquela o adestrador de categorías inferiores no Muxía. Din os nosos vellos que como o pai contaba co bo trato de Richard asignáballe moitas veces partidos naquel difícil campo costeiro como era a Arliña para moitos colexiados. Por certo tamén nos din que de vez en cando viña o pai.
Canto saben os nosos maiores, a actual xefa arbitral do fútbol feminino deu os seus primeiros pasos como colexiada pola nosa querida Arliña, según nos contan eles.
Non é fácil ser árbitro.
Por certo din que algún día nos contarán un dos arbitraxes máis famosos da historia do Muxía como é o da mítica final tripitida de Copa vs Xallas e dos numerosos goles anulados, pero que pasemos por Piratas de Muxía que no seu día algo contou sobre o tema.
Confiamos que esta sección siga adiante e nos conten outras historias do pasado. Será verdade o que nos contan ou serán as típicas que nos queren colar? Polo menos fixeronnos pasar un cacho atentos os seus contos. Será por eso polo que queren quedar no anonimato.
No hay comentarios:
Publicar un comentario