viernes, 2 de octubre de 2020

Hazard vs Bale.

 Unha cousa é que Hazard sexa o novo Bale para prensa patria e outra moi distinta é comparar o seu rendemento no Real Madrid. Sabemos que Gareth non foi o que moitos esperábamos del, que fora o novo CR pero diso a dicir que fracasou no Real Madrid vai un mundo.



Certo é que neste blog sempre fomos moi de Bale dende o primeiro día, pero tamén somos conscientes de que a súa etapa no Real Madrid debeu finar despois da final de Kiev, naquela sumerania 18  o resto sobrou.

A min Hazard a día de hoxe recordame máis a Kaká que a ningún outro, un xogador que foi de lesión en lesión que non se esforzou nada polo club e para máis INRI o belga da a impresión de ser un profesional bastante malo no tema de coidarse e a vida que leva. E aínda non chegou nin de cerca ao nivel de Kaká aquí que xa é dicir.

Hazard é o Bale 2018-2020 pero Gareth deixou goles en finais de Champions, importante na consecución de tres delas, tan so no ano da final no seu gales natal non foi decisivo, deixou moitos goles e picos de bo fútbol. Máis de cen goles de branco ollo.

Tivo momentos de estrela mundial sobre todo nos primeiros anos e ca chegada de Zizou e outros lamentables coma os dous últimos. Foise, bueno está cedido, con goles importantes e que quedarán nas nosas retinas coma o da final de Copa, o da Décima ou a chilena da 13.

Fracasou no Madrid, por suposto que non, pero non deu o rendimento que prometía despois do seu último ano en London no que era un canón, sobre todo en confianza. Iso si como non peloteou a prensa sempre a tivo en contra e foi o xoguete para atacar a Flo. Catro Copas de Europa gañou, ollo, vai ser sempre lenda.

A decepción con Bale está moi lonxe de ser a que temos nesta casa con Hazard, a pesares das lesións de ambos.




No hay comentarios:

Publicar un comentario