jueves, 23 de marzo de 2023

O banco da lonja. Bernabéu.

 Hoxe un incrible conto do banco da lonja, non sabemos si será verdade, pero interesante si parece.



Era un día de verán, anos sesenta parece ser. A xente sentada na porta do antigo  bar Miramar, pero non confundamos co actual, o antigo bar Miramar estaba situado onde  está o  que hoxe chamamos Pedra d´ Abalar. 

E aparece por alí un home, que resulta ser Don Santiago Bernabéu, que estaba a veranear na vila coa súa dona. Un home normal, falando con todos. Moi natural e sinxelo polo que nos indican.

Preguntaba alí  porque quería ir pescar. Por todos é coñecida a afección a pesca de Bernabéu, pero neste blog non tíñamos nin idea de que veraneara en Muxía, será verdade..... ou estarán troleandonos os nosos amighos do banco?

Polo que nos contan despois foi largar os trasmallos na gamela do Carrera quen  se ofreceu a ir pescar con el.

Non atopamos nada sobre este tema nas redes solo unhas fotos de Bernabéu pescando, supostamente baleas en Muxía, aínda que parece máis ben Caneliñas.

A ver si atopamos máis información sobre a veracidade do tema despois destas letras.

Esperando xa o próximo conto do banco.

Anteriormente:

O banco da lonja. Árbitros.

O banco da lonja. Eduardo Toba.

Frases de Bernabéu.

No hay comentarios:

Publicar un comentario