viernes, 10 de marzo de 2023

Luigi Today. A culpa é de Flo.

Declaracións anónimas:



 Básicamente todo o que está a pasar  é culpa de Flo. Non vos acordades pero fichou a Figo e pagou a clausula, vaia traidor. E aquel día Gaspart dixo que perxudicaría a Flo ata o fin dos seus días, pois por iso está cabreado o Flo e porque non foi quen de traer a Bapé.

Porque non se está a falar dos audios de Flo, no que queimaba aos seus xogadores, por deus. 

Non é casualidade que a denuncia da fiscalía chegue a dous días de xogar en Bilbo, a cinco días de  xogar a volta de Shempions, a seis de  xogar a volta de Uropalí, e a nove do clásiker. Todo moi atado dende a central leiteira, parecen a fábrica de feiraco en Ponte Maceira.

E teño medo que sexa culpa tamén de Peter Schez que se quere cargar o procés e o independentismo a través de tumbar ou controlar o Barsa. 

O Barsa ten que querellarse con todo quisqui e sacar para facer fichaxes con iso. Debemos fichar a Bernardo, Bapé e Jaland cos cartos que saque.

Como vos nos ledes libros non sabedes pobres incautos. E creo tamén que queren facer o club SAD, queren afundilo, van a por Jan.

E manda carallo agora poñénnos a Gil Manzano sempre, un árbitro que sempre nos expulsa xente. Póñennos un arbi Uefa Élite, coma Mateu, en vez de poñernos os internacionais de sempre. 

Os culés estamos contentos que vaia ata o final este tema. Que se amose que o Barsa foi estafado, o club como moito buscaba neutralidade, ante o histórico favoritismo político do Madrid.

Axuda by elmozo7 e steizam.





No hay comentarios:

Publicar un comentario