viernes, 17 de marzo de 2023

O Banco da lonja. Eduardo Toba.

 Pois nos contos que nos veñen a traer hoxe os nosos amighos do banco da "lonja" o protagonista é Eduardo Toba, que igual algún dos que entrades por este blog non sabedes pero foi un muxián que chegou a ser seleccionador nacional entre outras moitas cousas, alá vamos. Quen o diría en Muxía tivemos a todo un seleccionador de España e a un escritor ao que se lle adicaron as letras galegas coma López Abente e pouco se fala do tema.




Pois Eduarto Toba ou o Doutor Toba como tamén foi coñecido, ademais de ser licenciado en medicina sempre foi un namorado do deporte. Xa que logo foi profesor de EF e incluso adestrador. Foi un pioneiro na preparación física no deporte e incluso atleta, campión de España universitario en triple salto e subcampión en 110 metros valado. Tamén foi profesor de INEF. 

Como adestrador de fútbol pasou polo Depor, Oviedo, Tenerife , Murcia, Hércules ou Córdoba. Foi seleccionador de Costa Rica coa que quedou campión de Centro Ámerica ou dun club do mesmo país coma o Herediano co que gañou Liga e Copa.  Foi tamén director da Escola Nacional de Adestradores.

Pero o gran logro foi chegar a ter os mandos da selección española a que chegou no 1968 sustituindo a Domingo Balmanya. Foi cesado no 1969 despois de non acadar a clasificación para o Mundial de México 70, despois de catro partidos e trala derrota ante Bélcica por dous a un, na mítica encerrona de Gante.

Pero ante tanto periplo tamén pasaba por Muxía. Na tempada 63/64 iniciabase a Liga da Costa con 8 equipos, Baio, Cee, Fisterra, Laxe, Poniente, Porteño, Ponteceso e o UD San Isidro de Quintáns.

A tempada seguinte créase o Muxía e inicia a súa andadura na Liga da Costa, nunha liga con 9 equipos xa que desaparecen Poniente e Laxe e aparecen o Muxía, Negreira e Buño. 

Un dato curioso que nos contan é que o adestrador do Muxía era o mítico Tito Luaces pero que exercía como xogador no San Isidro de Quintáns. O Muxía comezou esa tempada como farol vermello, curioso que o último da clasificación tivera que levar o farol no bus nos seus viaxes, algo que creou o Baio que era o típico farol neses anos.

A Liga da Costa daquela comezaba case en abril según nos contan. O Muxía foi na cola ata o verán, cando chegou Eduardo Toba que estaba adestrando posiblemente ao Córdoba dinnos. O Doutor Toba fíxose cargo da preparación física durante un mes de vacacións, mentras que Tito Luaces seguíu a levar o mando técnico e táctico. 

A mellora física provocou que o equipo pasara de ser o cadeiro a pasar ao terceiro posto por abaixo, devolvendo o farol ao Baio.

Por certo tan solo un ano despois da súa creación no ano 1965/66 e con once equipos en liza o Muxía foi campión da Liga da Costa.

Tamén nos contan dende o noso banco que correría o ano 67 ou 68 con Eduardo Toba de vacacións novamente en Muxía e recibiu a visita do mítico Arsenio Iglesias o raposo de Arteixo, anos despois as visitas de Don Arsenio foron habituais a vila da Barca. Con el viña outro xogador herculino coma Quique Martín que según nos contan pasou polo Deportivo e polo Barcelona. Ambos estiveron uns días por Muxía e incluso xogaban ao fútbol ca rapazada na praia. Recordan que a pesares de estar retirado Arsenio mostraba a súa habilidade de rápido extremo.

Pola tarde Eduardo Toba propúxolle a Daniel Sambad máis coñecido coma Nioco co cal se levaba moi ben, se os levaba a pescar. Foron no Santa Fe a Touriñán a pescar fanecas durante toda a tarde. Como nota curiosa contannos que Arsenio sen querer rompeu o cristal da ponte.

E claro tamén nos contan cousas do Santa Fe, no banco hai que falar de mar obviamente, o barco era propiedade dos irmáns, Daniel e Ramón Manuel Sambad, ( Nioco e Piloto como son coñecidos en Muxía)  cun motor de 32 cabalos e uns 9 metros e medio de quilla e uns dous metros de manga. Un barco pequeno no que foron a pescar os tres deportistas.

Por hoxe non nos queren contar máis. Xa estamos ansiosos ante novas historias do banco da "lonja", quen sabe da Liga do Muxía, de Tito Luaces, de outros míticos, mais sobre o Doutor Toba ou incluso un spoiler que nos fixeron dun famoso presidente do club máis grande do mundo que tamén veraneou na vila.


Anteriormente:

O banco da lonja. Árbitros.


No hay comentarios:

Publicar un comentario