sábado, 25 de marzo de 2023

Canteira.

 Pois nas últimas semanas a vida novamente deunos tempo ver uns partidiños das inferiores do Madrid. Na previa do Balona desta vez escribimos unhas liñas. 



Vaia por diante que non entendemos a preferencia do Madrid por títulos ou ascensos en inferiores, adiantando a formación ou as necesidades dun equipo superior, ou eso dan a entender a un servidor. Por exemplo Nico Paz foi co xuvenil tendo o Castela que xogar na Coruña, quizais xa sabían que Raúl non ía a facer trocos nese partido, e por exemplo Álvaro foi A Coruña despois de xogar uns minutos o día antes, e rematou que non podía cas botas e levou un cartón que lle impediu ir convocado fronte ao Barça, cousas que non entendemos. Mollámonos ca canteira logo.

Comenzamos co xuvenil, os rapaces de Arbeloa están a facer unha tempada incrible. Líder na súa liga, campión de Copa e caeu en cuartos da Youth League, onde se veu o que achacamos a estes xogadores. Non teñen físico para a elite. Sinceramente non vexo proxectos de primeiro equipo máis aló de Nico Paz e igual os laterais David e Yusi, pouco máis. Manuel Ángel que vai sobrado na categoría cremos que non vai dar. Unha pena porque teñen carácter e calidade pero como din na Costa parece que o corpo non está do seu lado. Temos confianza con Ferrán na portería tamén, a ver que sae. Que conste que este artigo está na mente dende esa final de Copa co Almería e o Depor vs Castela do día seguinte.

O tema do físico viuse co AZ que lle pasou coma motos por enriba. Ogallá me equivoque, que aquí pifíamola moito.

A tenor desto falábao cuns amigos habituais de Riazor e do Depor, da cantidade de xogadores que se quedan no salto de xuvenil a senior, cantos se caen no paso do xuvenil ao Fabril e posteriores e así no resto dos equipos. Xente que aproveita o físico de "pequenos" e despois xa non vale. E o caso contrario xogadores que no cambio dan o salto e aparecen en senior despois de non ser tan especiais en inferiores. Falaba un servidor do namorado que está de Gabri Veiga e que igual non destacaba tanto en xuvenil. Cabe recordar que Fran García parecía un pepinazo, despois caeusenos e agora parece que volta, aínda que aquí como de Veiga somos de Miguel.

Pero tamén hai que ter en conta o entorno e a cabeza de cada un, tanto familiar coma de equipo. Hai xogadores que non valen para xogar no Cádiz pero igual si para un Real Madrid e tamén hai os que valen para calquera ou para ningún, hai que saber rodear os xogadores. Venme a mente as poucas oportunidades de Ode ou que Reinier a xuizo dun, si estivera no Madrid en certas circunstancias podería render, especulacións varias dun servidor.

O Real Madrid ten que buscar un perfil Nacho, Lucas..... xogadores que valgan para estar no Madrid cun certo rendemento, e non sabemos se o mellor e cedelos a un club que se adapte a eles ou que crezan aquí ben. Acertar ca cesión é importante vemos como lle foi a Ody en según que sitios, a Kubo, Carvajal, Fede, Lunin, Reinier...., deben saber a onde mandan a xente.

Por exemplo con eses mesmos amigos falaban de que a defensa do Castela daba pánico decían, bueno aquí pensamos que Obrador e Marín poden valer. De Tobías cada día dubido máis. 

En cambio decían que Álvaro, Peter e Arribas poderían ter un futuro pero non no Madrid, sinceramente penso que un ano en rotación poderían estar, hai que probalos ou deixalos voar pero no filial xa non fan nada. Outro que gusta aquí e Mario Martín pero no posto que xoga teno chungo e Dotor que no filial antes da pubalxía se estaba a saír creo que non ten nivel Madrid pero pode darlle para xogar a bo nivel noutro lugar.

Por exemplo Pujol, Mario Martín, Obrador, Íker Bravo, Manuel Ángel, César Palacios e Gonzalo están ca sub 19, decía un deses colegas que seguía en "tuister" a un tío que poñía fotos de subs españolas e que nelas case ningún chegaba, por algo será.

Unha pequena cousa que me ven a cachola para rematar, Zizou un tío que tira pouco dos de abaixo que case se nos carga a Militao, que fixo que se fora Ody, pero que lle deu máis oportunidades a Miguel, Arribas, Marvin ou incluso Blanco co Carlo, un Carlo que en cambio levou a Vini a un gran nivel. 

En definitiva, non sei de fútbol pero gusto de desbarballar. Confiemos que apareza algún tapado ou rompa algún destes.

P.D. : Por certo Raúl non nos parece un adestrador de inferiores, pensa única e exclusivamente nel e no resultado, algo que ca chavalada non vale, así andan Julen Jon e Bruno polo mundo xa, e o equipo xogando cun sistema que dificilmente vexamos no primeiro equipo, cousas que non entendemos en equipos supostamente formativos. Fialo todo ao ascenso e non acadalo é un desastre, nun equipo que se lle está a desinflar, creo que leva catro xornadas sen gañar e caendo, dende que poideron coller o liderato todo auga.

PD2: Gabri Veiga é unha operación que non se nos debe escapar, sensación de Ramos 2.0 no medio, a ver se non gafei o rapaz.

Anteriormente:

A fábrica.

Damos os nomes 23.

No hay comentarios:

Publicar un comentario