martes, 14 de marzo de 2023

Facenda somos todos.

 Sobre este tema sempre fago a mesma broma, se nun país nórdico o teu veciño se entera que defraudas a Facenda, será el mesmo o primeiro en denunciarche. Namentras que si aquí o teu veciño se entera de que defraudas a Facenda, preguntarache como fas para facer el o mesmo. Non deixa de ser sarcástico pero non está moi lonxe da realidade.



Agora vamos aproveitar para saber como posiblemente pillaron ao Barsa os de Facenda. Levo dende que saiu o tema tentado de falar con algunha ex compañeira de facultade que anda por esas terras precisamente exercendo neses departamentos na busca do fraude, igual aínda foron elas as que os pillaron.

Bueno alá vamos a ver se non poño moito a pata, teño a axuda de veteranos & noveles, se algunha das técnicas de facenda que coñezo ou ex-compañeir@s ve algún erro que avise e rectificamos.

A Axencia Tributaria é o organismo máis poderoso de toda a Administración Pública española, media leva vaille no carto, ata o punto que moitos outros organismos dependen directa ou indirectamente deles.

Nela traballan xente do melloriño, por suposto as miñas ex compañeiras entre elas, por certo tamén teño coñecid@s intentando que os seus clientes paguen o mínimo a Facenda dentro da lei por suposto. Pero ademais dos mellores traballadores teñen os mellores medios, softwars.... para pillar o fraude. 

E claro un día vai en 2019 e detectan que o Barsa quere deducirse unhas facturiñas de servizos de asesoria deportiva do 2018 sin indicar quenes prestaron tales servizos. 

Supoñemos que AEAT lle pide o club que lle indique os prestadores de tales servizos. Supostamente nun primeiro momento o club non responde. Logo supostamente da poucas explicacións sobre o tema e non proporciona os contratos. Claro algo cheira no tema e a AEAT dase conta de que as facturas son moi inconcretas ademais de consignar pagos con conceptos vagos, dubidosos, en datas sospeitosas e precios un pouco ou un moito altos. 

Claro neste momento é cando empezan a cruzar datos, como fan cos teus, cos meus e cos de calquer autónomo, sobre todo como lle pillen nunha van mirarche con lupa, avisados estades. O software de Facenda cruza datos das declaracións da renda dos nicrariensis, fillo e toda a tropa... e volve saltar o piollo, ven que non declararon case nada deses super pagos, que a empresa non ten infraestructura, nin empregados, nin actividade e que factura básicamente a certo club.

É moito conto a computadora que ten Facenda e como cheire un erro fiscal, date por pillado e ten todo ben feito que senón vanlle coller en todas as que fixeras no periodo en cuestión. Parecía un chancullo tributario coma outro calquera, eso si cuns artistas invitados especiales. Empezan a investigar os nicrariensis por infracción tributaria en 2019 máis cinco anos para atrás que é o que se pode, total do 2014 para aquí. 

Chega o Covid e todo o conto, atrasando o tema, despois claro xúntase todo anterior o Covid co que foi pasando perante o Covid co que todo vai lentiño pero saltou aínda que estivo un pouco tapadiño que esto fai tempo que se sabe.

E claro en Barcelona o igual que en todos os sitios  non se move un dedo dalgo tan grande  sin que haxa tema político de por medio e ata aquí podemos ler como decían no un, dous, tres, que o conto supostamente ten moita miga. En veteranos & noveles podedes ver o resto da historia.

Por aforrarse unhas pesetas fixeron que saltara todo polo aire, pero claro o alfonsiño  non tuiteará sobre esto porque non entra o seu presidente demonio no tema, si puderamos falar libremente todos, como dicimos sempre o igual que o software de Facenda, cruza información e elixe a que che pareza mellor, no tono gris estará a verdade o que non sabemos como de forte ou frouxo é ise gris.

P.D. : Estase a falar dunha devolución de 90 kilos en comisións aos brancos e moitos flipan e ven cousas raras. O tema é que antes as comisións considerábanse salario, polo que tributaban ao tipo máximo e o club tiña que pagar ese IRPF ( dobre) por conta do xogador ou representante. Agora xa non son salario, co que é coma calquer outra factura pagada por un servizo. Pero bueno non é IVA exactamente como algúns tuister barsa star explicaban ao principio. ( aporte de Ice Landic).

Por certo o Madrid acaba de crear xurisprudencia para que o resto dos clubs podan pedir eses kiliños, ese presi malvado outra vez. Como digo sempre a info malmetendo contra os brancos millóns de visitas, a disculpa ou incluso a non disculpa non terá repercusión, a esto viña o dos grises. E nos non dominamos o tema da comunicación coma outros, nos solo filtrar malamente.

Era bo un día entrevistar a unha amiga que leva o tema fiscal para deportistas   nos falara de temas fiscais deportivos, segura que sería interesante si a privacidade co cliente llo permite e igualmente as traballadoras de Facenda, bonita confrontación sería. 

É moi importante contar cunha boa asesoría fiscal que senón xa vedes o que pasa e sobre todo agora que chega a campaña da renda.


  

No hay comentarios:

Publicar un comentario