Levaba uns días
pensando si escribir algo sobre os temas do Real Madrid que máis me preocuparon
nas últimas datas, sobre dous nomes en particular Mesut Özil e Xabi Alonso, pero o lamentable partido
que se gastou o Real Madrid fronte o Elxe con escándalo arbitral de regalo decidiume a escribir e facelo sobre algo máis
como por exemplo do equipo do amigo Carleto.
Comezo por Mesut
Özil, a súa marcha sigo sen entendela, o xogador que máis fútbol tiña nas súas botas aínda que non sempre a
utilizara non o podes deixar ir, non me entra na cabeza. Certo é que alguén non
se vai do Real Madrid se non quere, non hai máis que ver a Kaká, pero tampouco
se non quere o clube. Rendeuse Mesut e rendeuse o clube, deixarían marchar a
Cristiano ?
Intermitente, que
lle gustaba saír, o pai, o soldo ……… escusas baratas, a triste realidade, na miña opinión, é que Florentino necesitaba cartos e desfíxose
del. Perdemos o mellor pasador do equipo e penso que de Europa nos últimos anos
e en dous partidos xa da Premier, un xogador aínda xoven con presente e futuro.
Non hai máis que ver como o acolleron no Arsenal, estou enormemente disgustado
con esta venda. Non habería outros xogadores para vender, moitos outros con
menos fútbol, pagarémolo deso estou seguro.
Xa estou vendo o
gafe de Florentino e Mesut campión de Europa co Arsenal ou Albiol, Callejón e
Pipa co Nápoles, buff, algo parecido a Robben e Sneijder, Flo xa tembla tanto
un equipo coma o outro son co-líderes das súas ligas. A maldición "florentiniana" da Décima !
O tema Xabi Alonso
aínda me indigna máis, xa están a voltas
que vai vello, que non saben como voltará da lesión, Illarra e os outros xa
valen, que si se podería ir en Xaneiro é
dicir globos sonda. Non sei en que cabeza de entendido do fútbol no Real Madrid
cabe que Alonso ten que saír. Na miña humilde opinión despois de Cristiano é o xogador máis
importante do Real Madrid, teríamos que conservalo en formol e coidalo, como no
seu día tivemos que ter feito con Zidane e non queimalos malamente e reducir a
súa carreira deportiva.
Alonso andando,
lesionado…… é o mellor medio que temos no equipo ou non recordamos o que pasaba nas temporadas
anteriores cando el faltaba. Estou de acordo con minutos para Illarra ou Modric
para que descanse Xabi de cara a fase importante da tempada, o fichaxe dunmedio pediuno un servidor para descargar de partidos a Xabi non para vendelo.
Pero desprenderse del, estamos tolos, de quen mellor poden aprender os
anteriores, colocación, sabiduría, carácter iso tamén se aprende, a renovación de
Xabi é innegociable señores. Facemos sempre o revés fichamos un bo pero
vendemos un mellor.
Dame a impresión
de que Xabi está a ver como o tratan e que non vai querer renovar, gran error
por parte do clube, non creo que sea tanto tema de cartos como de saber
valoralo, este non desapareceu, este non creo que salga de noite, non creo que sea problemático para
o clube, se non renova a ver como mo venden xa que despois do de Mesut a marcha
de Alonso non a perdonaría.
E como non o para
rematar un pouco do amigo Carleto que ia
traer a excelencia decía. Non sei por onde andará pero na tele onde eu vexo os
partidos do Real Madrid non. De feito estou a ver a versión mala de Queiros,
resultados, pouco xogo e case ningunha rotación nos postos de ataque. Morata e
Jesé están de adorno, se tanto ias confiar neles ?
Hai partidos que
os poden xogar tranquilamente e darlle
un empurre e unhas gañas o equipo que non ten. A ver si ia ter razón Mou e
moitos xogadores están acomodados. Eu non quero dicir nada pero parece, ou non
? Non quero decir nada de ter a Mesut en
plantel que luxo sería verdade. Despois chegan uns mamados o tramo importante
de tempada e outros sen confianza, como con Queiros recordan ?
Sabemos a que xogamos,
o toque ou a contra ? un servidor pensa que a nada pero o tempo dará ou quitará
razóns. Que se preocupe do noso e deixe os outros equipos, iso non era o que
tanto criticamos a Mou.
Por certo o gol
de onte ven nun erro da banda do dobre lateral, fatal meu querido Arbeloa e mal
Carvajal, si chega facer Mou ese cambio , non digo nada.
P.D. Boa parte da
culpa do gol onte do Elxe foi de Arbeloa pero para min é un xogador chave no
vestiario e cada día máis, como arroupou a Benzema no Bernabéu e como respostou
o señor Piqué (non quererá cargarse a selección cos seus últimos comentarios ? ), labor de CAP17ÁN ,de xogador da casa que o da todo polo clube.
Aínda vou ter que autoregalarme a súa camiseta para darlle a moitos na cara.
P.D. 2 : Tanto aquí como na prensa de Madrid recoñecen o escándalo arbitral e os erros do colexiado, non fai tanto co mesmo árbitro e con actuación similar por outros lares e outros siareiros "humildes " fixeron o avión, que comparen portadas e non saquen as que lle conveñen hoxe.
P.D. 2 : Tanto aquí como na prensa de Madrid recoñecen o escándalo arbitral e os erros do colexiado, non fai tanto co mesmo árbitro e con actuación similar por outros lares e outros siareiros "humildes " fixeron o avión, que comparen portadas e non saquen as que lle conveñen hoxe.
Neste blog somos
moi de Arbeloa & Alonso, nótase.
" Temprano en la vida tuve que elegir entre la arrogancia honesta o la humildad hipócrita , elegí lo primero me hice del Real Madrid ".
No hay comentarios:
Publicar un comentario