lunes, 10 de enero de 2022

Telexornal Branco: 10.1.22

 Pois hoxe vamos a presentar unha novidade no blog, unha escolma das novas do día sobre o Real Madrid, o que atopemos polas redes das diversas seccións, non o faremos sempre pero cando se poida algo caerá:



Comezamos ca convocatoria para a Supercopa en Arabia.

Porteiros: Courtois, Lunin, Fuidias.

Defensas: Militao, Alaba, Nacho, Vallejo, Carvajal, Mendy, Marcelo.

Medios: Kroos, Modric, Casemiro, Fede, Lucas, Isco, Ceballos, Camavinga.

Dianteiros: Hazard, Karim, Vini, Asensio, Jovic, Rodrygo.

Son baixa Bale e Mariano.

A Semifinal do Real Madrid será vs Barca o mércores a partires das 20 horas polos canais habituais de pago.

O árbitro será Munuera Montero e no VAR estará González González. 

Nunha entrevista revelada hoxe de Sky a Kroos o alemán conta que quere rematar a súa carreira no Real Madrid. Non quere especular sobre o tema da renovación cando chegue o momento falará co club.

Noutra entrevista Dupont, o que fora o último preparador físico de Zidane, afirmou que recibiu ameazas por parte da prensa por non compartir información e o non facelo a prensa cargou na súa contra.

Tamén se rumorea que a renovación de Lukita ata 2023 está a piques de ser anunciada.

Según Abc, Davide falou co seu pai Carlo e cos xogadores para variar  a política nos trocos , pensa que é mellor facer 2 ou 3 sustitucións antes do minuto 70 e o resto despois, así ten máis xente contenta.

Uns datos que sacou hoxe Maketo Lari dende o 2018 ao 2022 as ligas con VAR, saldo de penaltis ( a favor- en contra):

FCB:+14 ( 28-14)

RM:+5 ( 25-20)

Por exemplo nas últimas dúas ligas na pasada e na que está en curso:

FCB: +8 (13-5)

RM: -5 (5-10)

- No feminino:

 Coñezomos hoxe que Malena Ortiz recala finalmente no Servette suizo dende o Real Madrid. Supostamente o pase é por entre 15.000 e 30.000 euros.

As nosas despois de aprazar o derbi co Atleti por Covid en principio  tamén xogan o mércores a partires das 20 horas como locais en partido de Liga  fronte ao UDG Tenerife, cas cámaras de Teledeporte en directo.

Non deixa de ser raro que coincida co masculino en hora. Tamén é raro que a estas horas o club aínda non puxera as entradas a venda.

Na Supercopa feminina tamén haberá un Barca vs Madrid.

Xa é oficial que o clásico de UWCL será no Camp Nou o 30 de marzo as 18:45 horas.

A xogadora do Real Madrid B, Carla Camacho que ía viaxar ca sub-17 está lesionada e parece que para como mínimo un mes. Un Real Madrid B no que parece que hai marexada e no que varias xogadoras con poucos minutos pretender marchar.

-No basket:

O partido de Euroliga a disputar mañá quedou aprazado polos casos de Covid no Estrela Vermella.

Anunciouse a renovación de Yabusele ata 2025 e parece que está moi avanzada a volta de Deck ata 2024.

No RM de liga Eba o máximo anotador foi Hugo González (15 anos) con 15 puntos, 3 triples, no triunfo 89 a 56 fronte ao Maxadahonda. 

- Xuvenil.

O xuvenil A enfrontarase ao Raio nos deceseisavos de Copa do Rei a partido único o 15 ou 16 de xaneiro. Un xuvenil A que onte gañaba ao Xetafe por 2 a 0 con goles de Nico Paz e Calleja e segue segundo a tres puntos do Atleti. O xuvenil A segue con moitas baixas e iniciou con ata cinco xogadores que comezaron o ano no B.

-Castela.

O Castela gañaba por tres a un o sábado ao Andorra de Piqué con goles de Santos, Miguel Guti e Álvaro colocándose sétimo a un punto do quinto posto que marca a promoción pero con equipos intercalados con partidos aprazados.

Outros temas:

Rt Che.

Rt Pesadelo despois de Nadal.

O ano do vinculantismo.





No hay comentarios:

Publicar un comentario