lunes, 17 de enero de 2022

Telexornal branco:17.1.22

 Unha semana despois voltamos cun telexornal branco:



O Real Madrid proclamouse campión da Supercopa de España despois de vencer onte por dous goles a cero sobre o Athletic de Bilbao. Os goles brancos foron obra de Lukita Modric e Karim Benzema. Tibú paroulle un penal a Raúl García por man de Militao que foi expulsado nesa xogada, cando o resultado xa era de dous a cero. Segunda acadada en Arabia despois da do 2020.

A expulsión de Militao debería de contar en Copa vs o Elxe.

Marcelo acadou con esta Supercopa o seu 23º título co Real Madrid. 4 Champions, 4 Mundiais de Clubs, 3 Supercopas de Europa, 5 Ligas, 2 Copas, 5 Supercopas de España.

RM na Supercopa de España, by Maketo Lari: (1983-2022) 33 Partidos 12 Títulos 59 Goles a favor 48 Goles en contra 83 Tarjetas Amarillas 74 Tarjetas Amarillas Rivales (-9) 14 Tarjetas Rojas 4 Tarjetas Rojas Rivales (-10) 3 Penaltis a Favor (-6) 9 Penaltis en Contra

Parece que a lesión de Asensio é de entre dúas e tres semanas. Vallejo é dúbida por molestias. Carvajal e Mariano tamén serían baixa.

Dende Bélxica din que Hazard pediu saír en xaneiro. Bob Martínez ten unha oferta do Everton, podería darse? Newcastle outra opción. Ambas moi difíciles polo tema do FAIR PLAY e a amortización. Pode convertirse nunha mestura de Bale e Mariano, un problemón vaia.

En Bild insisten en que o Real Madrid é o mellor situado para o fichaxe de Haaland, ou este verán ou o próximo se firman un contrato para que siga un ano máis en Dormund.

Os próximos partidos do Real Madrid son fronte ao Elxe. Xoves as 19 horas na Copa e domingo as 16:15 en Liga. Ambos por canais de pago con dereitos nas respectivas competicións.

Hoxe é o cumple de Arbeloa.


No basket hoxe a Euroliga reprogramou os partidos aprazados. No que involucra ao Real Madrid o da xornada 18 fronte ao Fenerbahce será o día 8 de febreiro as 18:45 horas. O do Unics da xornada 19 será o día 25 de xaneiro as 20:45 horas . O do Estrela Vermella da xornada 20 o 8 de marzo as 19:00 horas local.

Onte en Liga triunfo vs o C. Zaragoza. O próximo partido será vs Alba Berlin o xoves as 20 horas coma visitante.

Posibles partidos do 20 de xaneiro ao 20 de febreiro:

Berlín vs Barça (Liga) vs Kazán Mónaco vs Andorra vs Olympiacos vs Zenit vs Valencia Fenerbahce vs Barça (Euroliga) Málaga 1/4 Copa ¿Semis Copa? ¿Final Copa?

No feminino hoxe coñeceuse a renovación de M. Oroz ata 2025. O partido de onte vs o Raio foi suspendido por casos Covid no rival.

S. Jakobsson foi ofrecida ao Real Madrid poli seu representante que é o mesmo co de Svava recentemente fichada, pero o club dixo que non era o perfil que buscaban actualmente, polo tanto deixou o Bayern rumbo a Usa esta semana.

 Tamén se coñeceu que está todo vendido para o Clásico no Camp Nou de UWCL. Equipos que se enfrontan este mércores a partires das 19:15 horas na semifinal da Supercopa de España feminina, con Tdp entre outras para retrasmitilo.

O xuvenil conseguiu este finde o paso a oitavos de Copa do Rei despois de gañar tres a cero ao Raio con goles de Marvel, Víctor Muñoz e Lorenzo.

Bonus track esto de Santi Siguero do 2016, xa que cando gaña o Madrid sempre aparecen os peros, que se xogadores nacionais, se posesión, se contras.........:

" Sen modelo, sen estructura, sen director deportivo, sen proxecto, sen filisofía.

Sen valores, sen humildade, sen señoría, sen seny.

Sen dar leccións morais, sen inventar o fútbol, sen creer que Matrix é o mundo real.

Sen arrouparse no papel do equipo do pobo, sen dar leccións de clase, sen noites sabineras nin playlist de postureo....

Sen canteira, sen ser máis ca un simple club de fútbol. Sen complexos nin hipotecas...Sen aprender a forza a leer e oir glossas sobre a superioridade moral da derrota.....

Sen a mellor afección do mundo, sen ser o mellor equipo de tódolos tempos, sen ter ao mellor xogador da historia.

Sen dicir que é sempre o bo da película e atribuir o de enfrente o papel de malo perpetuo. Sen negar a historia nin terxiversala.

Sen descursos floreados, sen lemas de manual de autoaxuda de todo a cen, nin spots lacrimóxenos.....

Sen case nada do que os demais presumen, pero con máis Copas de Europa e Ligas de Campions ca ninguén.

Sen fin.



Anteriormente:

Telexornal da semana pasada.

RT Che.


 


No hay comentarios:

Publicar un comentario