lunes, 17 de junio de 2019

Ilusión e realidade.

Unha vez que o colexiado pitaba o fin da tempada para o Real Madrid o madridismo xa estaba desexando que comezara a seguinte, así de enfermos estamos os madridistas, rematou o pesadelo buscamos un soño.


Despois da peor tempada en moitos anos, na que en liga tan solo o Celta, Valladolid, Espanyol e Huesca non puntuaron contra o Madrid, moito conto con iso, o proxecto necesitaba un pulo. Florentino non quixo esperar e comezou a fichar dende o primeiro segundo, por algo voltou Zizou, supoñemos que Flo prometeulle intentar fichar o que lle puidera e fose capaz e vaillo cumprindo.

O madridismo voltouse a ilusionar pero debemos ser realistas o conto non é tan solo de acumular nomes , senón que temos un problema moi grave de pizarra tamén , debemos darnos  conta diso tamén ou voltaremos  o mesmo punto de partida. De feito ata o de agora tan solo Hazard apunta a titular o resto volven a ser complementos con xuventude e moito que demostrar, non tan lonxe do fichado ata agora en veráns  anteriores. Que vivimos moi ilusionados en xuño, xullo e agosto e despois empeza a liga e pasamos o resto dos meses acordándonos dos xogadores e de Zizou, a realidade non é o PC Fútbol. Ollo que a min esa política gústame pero quizais ou non atopamos o adestrador prefecto para iso, ou Zizou non o é.

Tempada chave para descubrir a Zizou tamén, que sabemos que é un gran xestor pero este ano vánselle a pedir máis cousas. Despois de dous moi malos no táctico e no xogo. Debe dar un paso adiante no táctico e no xogo Zizou tamén.

Díxeno fai tempo e volto a repetilo o cambio de ciclo pasa tamén por trocar pezas fortes, reis, raiñas, torres e alfiles, se solo trocamos cabalos e peóns  mal vamos. Cun vestiario cheo de xogadores que pensan que o club sempre lles debe algo e non eles ao club non se arranxa o tema. Xogadores que pensen que poden facer eles polo club, non o club por eles. Que rematamos a 19 puntos dun Barça que se caeu a primeira que lle viñeron mal dadas, debemos pensar iso. Marcelo, Bale, Lucas, incluso outros grandes nomes estarían na rampa de saída para un, pero manda Zizou.

Que Vermaelen gañou 4 ligas e tres copas co Barça, deben pensar iso os xogadores, directivos ,adestradore  tamén, reflexionar, non todo é Copas de Europa, hai que gañar ligas tamén. Ollo que non quita valor as Copas de Europa. Como vemos todos soñan con ela, como reflexo o Barça, Juve e PSG que non lles souberon a nada e ao non conseguila tiveron media crise. Recorda aos tempos de Van Gaal que funcionou moi ben en Liga pero en Europa fatal e tamén o chimparon, a importancia da Copa de Europa é infinita, pero queremos que o Madrid compita cada día e non que se tire a bartola todo o ano.

Non sabemos o que lle queda por fichar a Flo, parece que Pogba, por certo non me gusta nada pero dame que é un capricho de Zizou e hai que cumprirllo, necesitamos xogadores que vaia utilizar. Aquí gústannos os Llorente, Ceballos, Brahim, Ody , Vini pero para todos non hai sitio, así que decida Zizou que sobre el caeran as culpas. Algo que tampouco parece Zizou é un xestor de xuventude, non pega con el, unha pena. Tampouco quero ver diante a Neymar, por favor que non chegue. Aquí somos soldados da tartaruga Mbappe.


Interesante tamén como a prensa patria lles volve a interesar o gasto, ese eterno síndrome de Lisboa para a prensa de Madrid, e as tres seguidas para a de Barcelona. Por certo incluindo ata agora entre o 2009 e o 2019 , incluindo o que xa gastou o Madrid este ano, o Madrid leva de gasto neto ( compras - ventas ) : 693 kilos e o Barça que aínda non fichou este ano : 618 vía Maketo Lari e Transfermarkt, non moi lonxe andamos.

Pouco se fala de Arda que aínda pertence ao Barça por certo , ou de que o Barça fichou Dembelé, Coutinho, Malcom e quere a Grizzy para unha posición moi similar en breve espacio de tempo uns 450 kilos more or less, casi nada, a dobre vara de medir.

O dito o fútbol é ilusión e fichaxes pero sobre todo o fútbol é competir nos meses de tempada, que o ano da nova chegada de Flo cos Cr, Kaká e demais e con Pele ao mando, perdeuse a Liga por pouco, Alcorconazo e batacazo co Lion, por se non recordades. Con saídas que doeron como Robben ou Sneijder, polo tanto van ter que caer pezas interesantes no camiño que todos non caben.

Debemos ter ilusión pero tamén ter clara a realidade na que nos movemos.

Continuará ......

Anteriormente :

Un curmán ...

Cousiñas . 

Nomes e críticas. 

Paji plantillas .




No hay comentarios:

Publicar un comentario