domingo, 6 de enero de 2019

Carta aos Reis Magos.


Queridos Reis Magos :

  por favor devolvédeme o meu Real Madrid. Son do Real Madrid dende que nacín. Eu non son imparcial, ninguén o é por  moito que diga, si intento ser xusto. Pero criticar ao Madrid non significa que non lle queira, como sempre se di un pode criticar aos da casa se fan algo mal, pero si alguén de fora critica a miña familia defendereina con uñas e dentes. Que este Madrid está o conseguir o impensable que me perda un partido e non me importe e creo que lle está a pasar a moita xente. Se pasa iso algo se está a facer mal señores.


Mentras eu crecía o meu madridismo crecía. Crecín vendo gañar Ligas a Quinta do Buitre  e pensando que nunca vería gañar unha Copa de Europa, ( Bayern, Psv, Milan…. ) , ata o punto de chimpar adestradores gañando a Liga ou indo líderes nela, mirade vos.


Despois chegaron tempos peores, as derrotas , o non gañar ligas, o non pasar de cuartos….., polo tanto perder tamén forma parte da Historia do Real Madrid, pero o que non forma parte da Historia do Real Madrid é o conformismo, iso nunca pode ser parte da nosa Historia. Algo que dende  a pasada tempada parece instalado no cerebro da directiva e dos xogadores endosiados polas Champions.

Eu que penso que Solari é un auténtico inútil, solo hai que ver o seu Castilla, solo lle pedía unha cousa que xogaran os que mellor están , nin máis nin menos. Que non se casara co vestiario que o foi o que matou a Julen. Julen prometeu ata que se deixou levar polo Churu primeiro, poñendo os que non debía na Supercup, e finalmente morrendo despois do día do troco a Marcelo en Girona, cando se baixou os pantalóns definitivamente. Que non se venda pensando que estos tíos lle van gañar a Champions porque xa non dan. Non pensaba ademais que Solari inventara nada, pero si tes naranxas fai zume de naranxa e non poñas as podridas. Levo dicindo máis de un ano, hai xente que pasa de xogar na Liga , así que para deixarte puntos que xoguen os que lle apetece xogar , por favor.

Polo menos sacar desta tempada deplorable aos raparigos, testalos. Que esa é outra estamos a convertirnos nunha guardería , nun novo Arsenal, igual deberíamos fichar a Wenger visto lo visto. Está ben arriscar con xóvenes pero sen pasarse, si temos  para o medio a Ceballos, Llorente e Valverde para que queren a Palacios. Que fichen un central e un dianteiro e deixen de fichar medios e mediapuntas.

Por favor Reis Magos, eu era dun Madrid ao que subir do noveno ao cuarto posto non era digno de mencionar, no que un empate en Liga era un fracaso. Que non se esquenza o presi que el gañou unhas eleccións xusto despois de gañar a Oitava o señor Lorenzo, pero por facer Ligas deplorables e dar peniña.

Flo non recorda que errou co Zidanes e Pavones ? Vai e agora márcase un Rodrigos e Vinicius e por encima vende ao xogador máis rentable que eu vin xogar no Real Madrid, que non digo que estea mal vendido, o que si digo é que foi mal  sustituido. De feito era o momento de cargarse a BBC, empezar de novo. Ollo que o máis grave é que Karim está sendo o xogador máis regular do equipo con Tibú manda truco. En Bale xa sabía calquera que non era de fíar.

Non recorda Flo o que dixo cando dimitiu da outra vez : “ El exceso de triunfos y quizás una mala asimilación de mis mensajes provoca que haya jugadores confundidos , a los que no he sabido más que maleducarles…….Hemos hecho una plantilla de grandes jugadores  de la que soy el único responsable . Les he maleducado y se han confundido . He actuado como los padres por darle lo mejor a los niños y hace que se confundan.”

Non sei pero hoxe debería caer o peso do Bernabéu sobre eles, unha superpitada dende o quencemento ata que volvan os vestiarios, despois cando arranque o partido animalos a tope, pero que sepan que se están rindo de nos.  Venme a mente Floro no vestiario de Lleida con aquela mítica Quinta por certo  : “ Joder, que sois el Real Madrid hijos. Un monton de almas, un monton de cariño…… Sufrir , me cago en …..Ganad el partido sin excusas. Haced lo que os salga de la ….. pero ganad… ¿ Como puede ser uno jugador y no llegar al remate sufriendo?”.

Pois iso que estes xogadores fixeron Historia e serán recordados, pero tamén a fixo  Puskas, Gento, Amancio , Casillas, Michel, Butragueño …… e non siguen xogando , hai que poñer aos que mellor están, xa que de Solari non espero nen melloras tácticas nin cousas parecidas, que faga eso polo menos, aínda que aquí xa se dixo que Santi non acaba o ano e que o ano vai ser moi, moi longo.

Por favor , devolvan a ambición ao Real Madrid.

Anteriormente :





Searchs :







No hay comentarios:

Publicar un comentario