SEGUNDA DIVISIÓN
RESULTADO : TECUNI BILBO – FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO”.
6-1.
TECUNI : Olmos, Eva, Esti, Dani e Isa ; tamén xogaron : Laura, Vicky, Almu, Aroa, Jess, You e Lore.
FISOBER : Eva, Elsa, Ana, Barca e Myrella ; tamén
xogaron : Nuria, Noelia, Ylenia e Olalla.
ÁRBITROS : Andrés
Calleja e Ibon García ; Crono : Miren García.
GOLES : 1-0 Eva,
2-0 Vicky, 3-0 Jess ( descanso) 4-0 Almu, 5-0 Aroa, 6-0 Vicky, 6-1 Barca.
Non foi o día do
Fisober na súa visita o Tecuni Bilbo, unhas xogadoras da Costa que non
ofreceron a súa mellor versión e iso págase e máis contra un dos favoritos da
categoría.
As vascas
arrancaron co dominio do balón buscando manter a xeira que as trae sen perder
dende o 3 de Novembro e confirmar a súa candidatura o título xa que partían
coma unha das escadras favoritas a comezo da competición. O Fisober esperaba a
media pista e na busca de algunha contra para sacar algún beneficio.
Os dous minutos a local Isa vía coma o seu
lanzamento petaba no pau. E solo un minuto despois un lanzamento cruzado de Eva subía o electrónico para o un a cero.
A pesar do gol o
partido continuou co mesmo guión, con dominio local e as da Costa buscando
pescar algo. Pasaban os minutos e as locais non conseguían aumentar a diferenza
no electrónico, o cal lle daba un certo crédito o Fisober no partido.
E case o
aproveita cando nunha contra os dez minutos
Nuria encarou a porteira visitante pero finalmente non foi quen de
superala. A resposta local foi inmediata pero tampouco as vascas foron quen de
marcar.
Parecía que se
abrira algo o partido xa que era a visitante Noelia a que tiña outra clara
ocasión para igualar o partido. Estas dúas ocasións do Fisober , quizais
puideron cambiar o rumbo do partido pero
non o fixeron.
As locais non
quixeron sufrir máis sustos e continuaron co seu dominio ata que nos últimos
minutos da primeira metade foi Vicky a
que fixo o dous a cero. Todo empeorou cando a trinta segundos do tempo de lecer
Jess poñía o 3 a 0 e finaba o partido na cabeza das xogadoras do Fisober.
A volta do tempo
de lecer as ocasións para o Tecuni eran máis claras e tarde ou cedo chegarían
máis goles.
Aínda así os minutos pasaban e o Fisober ía capeando o temporal ata
que no minuto sete desta segunda metade Almu facía o cuarto, no nove era Isa e
no once foi Vicky para o seis a cero.
Con ese resultado
e o partido decidido o xogo abriuse máis e as ocasións xa eran máis asiduas en
ambas porterías.
As visitantes
Ylenia e Barca tiveron opcións de marcar
o gol da honra , un gol que finalmente chegou por medio de Barca xa dentro do
último minuto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario