lunes, 4 de febrero de 2013

Amarelle B - Fisober B. 2-1.


LIGA PROVINCIAL

RESULTADO : AMARELLE B – FISOBER B “CONCELLO DE VIMIANZO”. 2-1.

AMARELLE B : Carmen, Sara, Patricia, Lara e María ; tamén xogaron : Nuria, Estela e Amanda.

FISOBER B : Martina, Noe, Paula, María e Laura ; tamén xogaron : Tamara, Natalia, María Maroñas, Iria e Inés.



ÁRBITRO E CRONO : Borja Moreira e Juan Pose.

GOLES : 1-0 Lara  (descanso), 2-0 Sara, 2-1 Paula.

O filial do Fisober fixo un gran partido na súa visita a pista de outro filial o do Amarelle e solo a mala sorte e a falta de puntería  quixo que non trouxeran nada positivo de A Coruña.


Os dous equipos camiñaban xuntos na clasificación solo separados por dous puntos e iso fixo que o partido fora máis interesante.

Arrancaron moi ben as visitantes encadeando ocasións e disparos a porta. Pero entre a boa actuación de Carmen e os paus evitaron que se puxeran por diante as do filial do Fisober.

En cambio nunha das poucas chegadas das locais Lara poñía en vantaxe as súas. As visitantes seguiron co seu bo xogo e combinando pero todo se escurecía cando chegaban fronte a Carmen.

Coa vitoria pola mínima local chegouse o tempo de lecer.


Na segunda metade seguiu o mesmo guión, na que o filial do Fisober seguía a ter claras ocasións que non era quen de materializar  e foi Sara a que puxo o dous a cero que non reflexaba o visto sobre a pista.

Aínda así o filial tentou igualar o partido e foi Paula a que reducía distancias. Pero a igualada non chegou a pesar de tentalo.


En definitiva o filial do Fisober deixou moi boa imaxe nun partido no que mereceron traer algo máis da Coruña e solo a falta de puntería nos metros finais evitou que o lograran.

Imaxes de partidos anteriores.

No hay comentarios:

Publicar un comentario