LIGA PROVINCIAL
RESULTADO :
MABEGONDO – FISOBER B “CONCELLO DE VIMIANZO”. 2-2
MABEGONDO : Isa,
Bibi, Gema, María e Melissa ; tamén xogaron : Alba, Angeles e Ana.
FISOBER B : Martina, Noe, Paula, María e Inés ;
tamén xogaron : Laura, Natalia, Tamara, Mónica, María Maroñas e Iria.
Árbitro e crono :
J. M. Rodríguez e Tania García.
GOLES : 0-1 Inés , 1-1 Gema, ( descanso ) 1-2 Tamara, 2-2 Gema.
Continúa mellorando
a súa imaxe pasiño a pasiño o filial do Fisober e desta vez tocoulle puntuar
por fin nesta segunda volta e foi na tarde-noite do sábado na casa do equipo que arrancaba coma terceiro
clasificado a xornada.
Un partido no que
o filial se puxo en vantaxe por dúas veces, pero finalmente rematou en
igualada.
O filial comenzou
adiantándose no electrónico por mediación de Inés , pero o seu gol foi
neutralizado por Gema antes do tempo de lecer.
A volta de
vestiarios voltou a pasar o mesmo , Tamara marcaba para poñer o filial do
Fisober novamente en vantaxe e foi María a que igualaba para un dous a dous que
foi definitivo. Quizais se o Fisober B andivera un pouco máis atinado na
definición poidera pescar algo máis.
Destacar o
primeiro gol de Tamara na Liga Provincial nunha tempada que arrancou
lesionada e que por fin lle deu unha pequena alegría.
Resulta curioso tamén que o filial acadou este punto vestido de vermello unha
equipación que no seu día deu sorte o primeiro equipo e parece que tivo o mesmo efecto co equipo B a primeira
vez que a utilizaban.
Imaxes do partido da primeira volta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario