LIGA PROVINCIAL
RESULTADO : FISOBER B “CONCELLO DE VIMIANZO” – MANUREVA
SUEVOS. 2-9.
FISOBER B : Martina,
Noe, Paula, Inés e Natalia ; tamén xogaron : Laura, Tamara, Mónica e
María Maroñas .
MANUREVA : Alba,
Tati, Olalla, Noa e Cris ; tamén xogaron : Cintia e Mel.
Árbitro e crono :
Emilio Losada e Yayo Pájaro.
GOLES : 0-1 Cris
; 1-1 Laura ; 1-2 Cris, 1-3 Olalla,
1-4 Olalla ( descanso ) 2-4 Inés, 2-5
Cris, 2-6 Olalla, 2-7 Alba, 2-8 Alba, 2-9 Cris.
Chegaba o sábado
a Vimianzo o intratable líder da categoría e o filial do Fisober amosou moi boa
imaxe a pesares do abultado do resultado o final.
O arranque do
partido foi eléctrico cun lanzamento da local Inés o pau. A resposta visitante
non se fixo esperar con dúas ocasións de Cris ben respostadas pola porteira local Martina.
E a terceira si
que non errou Cris e puxo en vantaxe as súas subindo o cero a un o electrónico.
Pero non tardou en chegar a igualada polas locais , os sete minutos era Laura
despois dun pase de Inés a que poñía o un a un.
As de Manureva
seguían a ter a Cris como a punta de lanza ofensiva, pero Martina moi atenta
evitaba que aumentara o resultado.
Foi os dez
minutos cando Cris facía o un a dous. O Manureva dominaba o partido e as do
filial tentaban chegar en perigosas contras. Con este guión pasaban os minutos.
Ata que no minuto
dezaseis Tati mandaba un balón o pau de
Martina. A sete para o fin Olalla aumentaba diferenzas e tres minutos despois ,
facía o un a catro co que se chegou o tempo de lecer.
A saída de
vestiarios foi positiva para as do filial xa que no primeiro minuto Inés
marcaba. O filial ben colocado atrás tentaba aproveitar as perdas do rival para
saír a contra.
O Manureva
proseguía co seu dominio pero Martina desfacía o perigo e lanzaba as súas para
que tentaran reducir distancias. Con
esta partitura foron pasando os minutos.
Ata que mediada a
primeira metade unha nova contra do filial levada por Inés e Noe deixaba a esta
última ante a porteira quen cunha dobre intervención evitaba o gol e na
resposta desta xogada Cris facía o dous a cinco que rompía totalmente o
partido.
Foi un duro golpe
para as locais e solo un minuto despois recibían o sexto por parte de Olalla. Aínda
así case de seguido foi María Maroñas a
que tivo nos seus pes a opción de marcar o terceiro gol local pero non foi quen
de definir.
A nove para o fin
foi Alba a que fixo o sétimo para o Manureva. Tanto locais como visitantes
tentaban marcar algún gol máis pero
polas locais nin Inés, nin Paula entre
outras foron quen de facelo. Si foron
capaces as visitantes Alba e Cris dentro
dos tres últimos minutos facendo o
oitavo e o noveno para pechar o tanteador.
No hay comentarios:
Publicar un comentario